Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nova edición do curso "Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional"

Tras o gran éxito da primeria edición do curso "Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional" como parte do proxecto de cooperación "Mar das Illas", o GALP Ría de Pontevedra celebra unha segunda edición de dita formación no Porto de Marín do 6 ao 9 de novembro, en horario de tarde. Ao igual que na primeria edición, o curso pretende capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor o patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

Para participar é preciso realizar a inscripción a través do formulario dispoñible na web do proxecto.

Este curso desenvolvese como parte do proxecto de cooperación "Mar das Illas 2: Sostibilidade e Boas Prácticas na Pesca - Turismo" presentado polo GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo - A Guarda no mes de xullo. Con este proxecto os GALPs queren promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.

Tras a resolución de aprobación recibida no mes de setembro, os GALPs participantes estan a poñer en marcha as distintas actividades que forman parte do proxecto polo que nos vindeiros meses celebrarase un segundo curso formativo de especialización  en "Pesca sostible" que completará o perfil profesional para a divulgación do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira e formará aos profesionais do mar en temática ambiental promovendo a pesca sostible e non invasiva co medioambiente garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros.

Para máis información sobre o proxecto e os cursos formativos podedes contactar con nos a través do teléfono 886 21 30 15 ou ben do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com