O proxecto consiste en establecer un novo proceso produtivo de transformación dos produtos do mar certificados: Mexillóns ecolóxicos e moluscos (berberecho, ameixa e navalla) pescadeRías
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto consiste en establecer un novo proceso produtivo de transformación dos produtos do mar certificados: Mexillóns ecolóxicos e moluscos (berberecho, ameixa e navalla) peixarías.
Co proxecto poderase aumentar o seu valor certificando a calidade de orixe e sustentabilidade, así mesmo a implementación da súa actividade con este novo proceso produtivo que contribuirá a xerar novos postos de traballo.
Os principais obxectivos son:
- Mellorar e ampliar a capacidade produtiva da empresa
- Certificar ante o consumidor a identidade e a orixe dos produtos procedentes da acuicultura e marisqueo artesanal mediante a súa elaboración e certificación baixo as marcas de calidade “ecolóxico” e “Peixarías, de onde se non?”, e con iso achegar un maior valor engadido aos produtos procedentes da pesca costeira artesanal mediante a promoción das súas características diferenciadoras do resto dos produtos do mar.
- Consolidar a competitividade e a viabilidade do sector da industria dependente da pesca, o marisqueo e da acuicultura do territorio do GALP, fomentando a transformación e comercialización de novos moluscos de “alta calidade” certificada nos mercados locais, nacionais e internacionais.
Coa implementación das súas instalacións no porto, mediante a adquisición de diversos equipos e maquinaria de tecnoloxía innovadora para dotar ao departamento nº 46 dunha NOVA SALA DE ELABORACIÓN para os produtos do mar artesanal. Mares de Galicia, S.A. pretende ampliar a súa actividade mediante a creación dunha nova sala de procesado ,fomentando a transformación dos produtos do mar local,
que lle permitirá alcanzar os seguintes resultados:
- Elaborar e comercializar novos e diferentes produtos procedentes da acuicultura e do marisqueo sustentable: Para iso, precísase do equipamento de procesado necesario para dotar ao departamento nº 46 cunha nova sala ou obradoiro de elaboración para os produtos do mar artesanal, concretamente os equipos para o seu lavado, selección, envasado, cocción/ Pasteurización, etiquetaxe, para a elaboración de dous novos produtos elaborados de orixe e calidade certificada.
Co presente proxecto MARES DE GALICIA, S.A fomentará a creación de emprego no sector da transformación dos produtos do mar, ofrecendo aos seus clientes maior calidade e innovación nos produtos do mar local.
As actuacións do proxecto son:
- Creación dunha zona de traballo con mesas de elaboración en inox., mesas fregaderos e unha lavadora de utensilios. Estas superficies de traballo son imprescindibles para a preparación dos moluscos elaborados de forma manual, tanto para os labores de lavado e selección dos moluscos, como para o posterior clasificado e preparación dos lotes para o seu envasado. Deseñada para ofrecer as adecuadas condicións de traballo e manipulación do produto con óptima hixiene e seguridade.
- Adquisición dunha envasadora para a zona de envasado ao baleiro dos moluscos, previamente á fase de tratamento térmico ou pasteurización. Unha das grandes achegas das envasadoras ao baleiro é que fan o proceso de pasteurización moito máis hixiénico para garantir a seguridade e salubridade do alimento. Os moluscos envasados ao baleiro xa están limpos, non perden peso durante o seu almacenamento e teñen unha vida comercial superior. Por iso, e para o óptimo rendemento e eficiencia das dúas liñas de negocio “mexillón ecolóxico” e “berberecho, ameixa e navallas peixarías” deberanse instalar dúas envasadoras ao vacio, de avanzada tecnoloxía e gran produción necesarias para ofrecer as diferentes presentacións (en bolsa ou en barqueta) que demandan os clientes e segundo os moluscos para elaborar, pois se pretende ofrecer diferentes preparacións ou presentacións dos moluscos: tanto pasteurizados en fresco/no seu “mollo natural” como en innovadoras salsas /elaboracións.
- Adquisición de forno rational para a zona de pasteurización dos moluscos que permitirá manter as óptimas condicións de seguridade, calidade, hixiene e eficiencia enerxética. Así mesmo para as
adecuadas condicións hixiénico sanitarias e seguridade alimentaria do proceso é preciso adquirir un abatedor de temperatura co obxectivo de conseguir os mellores resultados en termos de textura e sabor no molusco, equipo climatizador e campá extractora para conseguir as adecuadas condicións ambientais que require a seguridade e hixiene do novo proceso produtivo.
1. Aumento do valor, creación de emprego, atracción de mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e a acuicultura.
1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, desde a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)