Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra presentou na II Sesión Plenaria da Red Española de Grupos de Pesca dous dos seus proxectos

O GALP Ría de Pontevedra participou nestes días pasados 12 e 13 de xuño na II Sesión Plenaria da Red Española de Grupos de Pesca.

Está Sesión da REGP pretende ser un marco idóneo para amosar as ferramentas dispoñibles para unha xestión eficaz no desenvolvemento Local Participativo, así como un espazo de dialogo entre autoridades de xestión e Grupos de Acción Local do Sector Pesquero, sobre os retos futuros en torno a súa implementación.

O GALP foi invitado a expoñer dous proxectos que se levan a cabo no noso ámbito territorial de perfís moi diferentes como son o proxecto de cooperación Candieira que o GALP promove xunto cos GALP do Golfo Ártabro Norte, Costa da Morte, Costa sostible, Ría de Arousa e Ría de Vigo - A Guarda e , por outra banda, o proxecto que a Confraría de Bueu desenvolve con fondos concedidos ao abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra.

En breve incluiremos un enlace ás presentacións que se realizaron nesta reunión da REGP.