Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Curso de iniciación a turismo mariñeiro e pescaturismo

Durante a semana do 22 ao 26 de novembro o GALP Ría de Vigo - A Guarda organizou para o sector pesqueiro e marisqueiro do territorio, un: "Curso de iniciación ao turismo mariñeiro e pescaturismo". 

A formación foi impartida no Edificio Gambón (Vigo), sede do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG).  Os asistentes recibiron información sobre lexislación, evolución do turismo, turismo mariñeiro e PNMTIAG, interpretación do patrimonio, plan de interpretativo e proposta da visita guiada.

O alumnado estivo composto por socios das Confrarías de pescadores "San Cipriano" de Aldán, "San José" de Cangas, "San Juan" de Redondela, e "La Anunciada" de Baiona. As persoas que completaron con éxito a formación, recibiron un diploma acreditativo do curso