
“Camiño de Futuro”, unha iniciativa da Vicepresidencia Segunda e Conselleria de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Medio Rural e Conselleria do Mar, chega a Mos cun evento networking para difundir os distintos instrumentos de apoio a disposición das empresas galegas para aumentar a súa competitividade y crecemento económico.
A actuación, que conta coa axuda do GALP Ría de Vigo - A Guarda, terá lugar o 23 de marzo, na Axencia de colocación de Mos, Avenida Peinador, 39, Tameiga, e consistirá nunhas cortas presentacións dos apoios e recursos que ofrecen a Administración autonómica e outras entidades, e unhas mesas redondas coas pemes para dar a coñecer casos de éxito de cada comarca.
PROGRAMA
12:00 - 12:10 H.
Introdución do Programa Impulso á Innovación nas Pemes.
Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación
12:10 - 12:40 H.
Presentación Mapas de Apoios da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Patricia Fernández. GAIN
Miguel Fidalgo. IGAPE
12:40 - 13:00 H.
Presentación de Apoios doutras Consellerías (GDR e GALP).
Francisco González. Xerente do GDR-13 Asociación Condado - Paradanta
Gonzalo López Santos. Subdirector Xeral Consellería do Mar
13:00 - 13:30 H.
Mesa redonda con casos de éxito empresarial.
Jesús González López. Director-xerente de UTINGAL
Ornaldo García. Responsable de proxectos TESPA ENGINEERING PROJECTOS, S.L.
13:30 - 13:35 H.
Peche da xornada
13:35 H.
Café-Networking