Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Feira Náutica do Freixo 22 en Outes

Consiste na celebración da Feira Náutica do Freixo que vai a ter tres grandes fíos condutores: unha parte profesional destinada principalmente a conseguir auto valoración, visibilidade, promoción e volume de negocio para profeisonais e empresas relacionadas co sector, unha parte divulgativa orientada ao coñecemento e posta en valor da histórica tradición da actividade náutica, a acuicultura e a pesca, e por último unha parte lúdico-cultural pensado tanto para o público local como para os visitantes cargado de propostas turísticas e de lecer.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
FENAFRE22
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Outes
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Organismo público
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dese
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
03/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
29/11/2021
Ámbito de aplicación: 

Porto do Freixo (Outes)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
44.000,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
44.000,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
38.720,00 €
% Subvención: 
88
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
32.912,00 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
5.808,00 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Conquerir a visibilización, posta en valor, promoción e enriquecemento dos sectores do municipio vencellados ao mar: sector náutico, da pesca, do turismo e da acuicultura principalmente. Así como na identificación da esencia marítima como intrínseca ao territorio. Dito obxectivo axústase perfectamente ao obxectivo específico do FEMP. Apoio á diversificación dentro ou fora do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas, tratándose dun evento que precisamente contribúe á diversificación tanto dentro como fora do sector da pesca comercial e que contribúe de xeito indirecto a creación de emprego na zona pesqueira ao tentar convertela nun referente náutico a nivel autonómico.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

-Consolidar o evento como cita imprescindible para os profesinais e empresas dos sectores vinculados ao mar, así como en punto de encontro e descubertas para todas aquelas persoas curiosas e amantes do mar e os seus recursos.

-Posta en valor a importancia da muller nos sectores relacionados co mar e fomentar a igualdade e a non discriminación.

-Potenciación do turismo marítimo sustentable e rexenerativo.

-Potenciar a tradición náutica da zona.

-Dinamización turística da zona cunha actividade atractiva para o público profesional pero tamén para o gran público cun programa de actividades atractivo, equilibrado, coherente e responsable coa contorna.

-Creación dunha cita anual inprescindible no calendario europeo de iniciativas marítimas.

-Promover a comercialización, transformación e diversificación nos sectores relacionados co mar.

-Busca dunha mellora na calidade de vida das poboacións pesqueiras e a súa incidencia na vertebración social no territorio.

 

Principais actividades do proxecto: 

A Feira Náutica deo Freixo en Outes contará con tes contidos diferenciados que guiarán os obxectivos de cada unha das actividadades programadas:

Unha parte profesional destinada principalmente a conseguir autovaloración, visibilidade, promoción e volume de negocio para os profesionais e empresas relacionadas co sector. Esta parte do evento contará coas seguintes actividades específicas:

-Feira profesional na que estarán presentes todos os profesionais e empresas do municipio de Outes vencelladas ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo. Haberá espazo tamén pra profesionais e empresas de fora do municipio de Outes en particular das comarcas de Muros e de Noia que, polo seu especial interese e vinculación co mundo do mar, interese, a nivel estratéxico, que estean presentes na feira.

-Charlas profesionais vencelladas ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turísmo marítimo impartidas por especialistas convidados pola iniciativa.

-Presentación e exposición de novidades en produtos e servizos de empresas e profesionais da zona vencelladas ao sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo.

-Visitas a estaleiros, naves industriais, viveiros e cetáreas da zona.

-Intercambios profesionais con empresas visitantes para favorecer o intercambio comercial.

Unha parte divulgativa para o coñecemento e a posta en valor da histórica tradición da actividade náutica, a acuicultura e a pesca na zona que se concretará en actividades como as que a continuación se describen:

-Exposición sobre a importancia dos sectores vencelladas ao mar na zona ao longo da historia: sector náutico, da pesca, da acuicultura e do turismo marítimo.

-Actividades no mar: travesías marítimas, ruta marítima do Camiño de Santiago, actividade en kayak, etc.

-Actividades de coñecemento da contorna maritma: charlas e roteiro dos Carpinteiros cos Pés Mollados e outros.

-Mostra de embarcacions tradicionais.

-Actividades de concienciación a nivel ambietal e sobre a sostibilidade: instalación interactiva con plásticos, recollida de lixo na praia de Broña, presentación do proxecto de transformación do lixo mariño no que participa o concello de Outes e financiado polo GALP Costa Sostible.

Unha parte lúdico-cultural que completará o programa de actividades e o seu interese turístico para convocar ao gran público, local e visitante.

-Feira de interese para o gran público: deportes do mar, opcións de turismo na zona, artesanía, produtos do mar etc.

-Gardería ludoteca para a cativería con actividades relacionadas co mundo do mar.

-Obradoiros de técnicas artesanais relacionadas co mar.

-Degustación e cata comentada de produtos de mar e enogastronómicos da zona.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2: Diversificación Económica

Obxectivo específico da EDLP: 

2.5.1. Potenciamento da industria e servizos vinculados á náutica e as enerxías mariñas.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)