Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Noia. A Voz do Mar

Creación dun espazo interpretativo multimedia e interactivo que amosa o mar coma o eixo da identidade urbana e cultural de Noia dende a súa fundación ata a actualidade. Introducirá de maneira novidosa aos veciños e veciñas neste relato, a través de obxectos que amosan os vínculos do mar coa vila, pero tamén permitindo escoitar as súas propias voces e relatos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Noia
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade pública
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
11/11/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
13
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Concello de Noia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
209.057,89
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
209.057,89
Total axuda pública aprobada (€): 
183.515,65
% Subvención: 
87,8
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
155.988,30
FEMP (%): 
85
CA (€): 
27.527,35
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Creación dunha nova forma de por en valor o patrimonio inmaterial da vila de Noia a partires dos relatos dos seus veciños.

-Creación dun produto turístico de carácter experiencial.

-Diferenciación dos demais espazos expositivos do territorio Galp Costa Sostible.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Noia. A Voz do Mar ofertará unha experiencia multimedia interactiva digna de ser vivida por si mesma, e que contribuirá a singularizar a oferta turística da vila no seu contexto, e isto traerá consigo:

-Ampliación do espazo expositivo do Museo do Mar de Noia.

-Mellora dos servizos para o visitante.

-Mellora de prestación de servizos museísticos.

-Ampliación das actividades ofertadas.

-Maior coñecemento do Museo a nivel rexional e nacional e do patrimonio etnográfico, mariñeiro e cultural que alberga.

-Favorecemento  do fluxo de visitantes que recibe o museo.

-Programación de actividades de maior calidade pola disposición de novos espazos axeitados.

-Incremento sustancial do patrimonio cultural recuperado valorizado, contribuindo ao reforzo da identidade territorial, a proxección internacional e a dinamización social e turística.

-Recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-costeiro.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto é a creación dunha experiencia multimedia e interactiva titulada "Noia. A Voz do Mar", no edificio do Museo do Mar de Noia. Esta experiencia, distribuida ao longo de todos os andares do inmoble, amosará o mar como o eixo da entidade urbana e cultural de Noia, dende a súa fundación á actualidade. Introducirá de maneira novidosa aos veciños e veciñas de Noia neste relato, a través de obxectos que amosan os vínculos do mar coa vila, pero permitindo tamén escoitar as súas propias voces e relatos.

Entrecruzando o pasado e o presente, os visitantes poderán atopar parelelos entre as historias marítimas de hai séculos e os traballos e vidas das xentes actuais (o comercio, a navegación pro mares distantes, a pesca, os naufraxios, a gastronomía.....). O mar permitirá comprender a configuración da muralla e da infraestrutura portuaria excavada (planta baixa), valeranos para coñecer as orixes e evolución de Noia como encrucillada de camiños e Portus Apostoli ao logo dos séculos (primeira planta) e permitirá observar o seu impacto no medio, na cultura, na economía e na sociedade (segunda planta).

A narrativa está construída a partires da exhibición de obxectos históricos, réplicas, dispositivos interactivos e audiovisuais. A provisión de obxectos históricos realizarase a través de pezas históricas de propiedade municipal, cunto con cesións de pezas doutras entidades. O proxecto incluirá réplicas documentacis, gravacións en audio e vídeo producidas especificamente para esta Experiencia  Multimedia e diferentes pezas interactivas que se executarán no hardware adquirido, tamén deseñadas de maneira específica.

O proxecto constrúe unha oferta turística e cultural diferenciada e complementaria de dous tipos de equipamentos museográficos existentes na comarca e proximidades: os museos etnográficos mariñeiros, por unha banda, e o museo de laudas gremiais e Noia. En relación aos primeiros, permite ao visitante comprender o impacto do mar na sociedade cultural local, contextualizando e dando novos sentidos ás pezas etnográficas que atesouran a memoria do mar; en canto ao museo das laudas gremiais de Noia, a experiencia permitirá explicar o contexto histórico e cultural das laudas e do gótico mariñeiro como estilo artístico particular do litoral atlántico galego a través da fundación e existencia da vila medieval de Noia. O obxetivo é construir unha experiencia que achegue un contexto de comprensión histórica, artística e social do casco histórico da vila e fomente a exploración do concello por parte dos visitantes.

Duración da experiencia: 35-40  minutos

Características da visita: autoguiada. O visitante pode descubrir todos os contidos pola súa conta e empregar todas as tecnoloxías.

Idiomas: Galego, castelán e inglés.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 3. Patrimonio natural e Cultural

Obxectivo específico da EDLP: 

3.2.1 Apoio á rehabilitación e posta en valor de bens materiais e inmateriais do patrimonio cultural costeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)