Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

o GALP A Mariña-Ortegal pon fin as súas xornadas de divulgación nos centros escolares

O GALP A Mariña Ortegal pon fin ás súas xornadas de divulgación nos centros escolares
O programa realizouse en quince escolas de educación infantil en distintos concellos do territorio, desde Ribadeo ata Valdoviño.

Dentro da súa programación anual de dinamización o GALP A Mariña Ortegal acaba de finalizar unha iniciativa educativa e de carácter divulgativo coa que pretende fomentar o coñecemento sobre o sector do mar entre nenos de 3 a 5 anos á vez que potencia a súa curiosidade innata.

O programa realizouse en 15 escolas de educación infantil en distintos concellos do territorio, desde Ribadeo ata Valdoviño e achegou contido específico sobre o sector da pesca, especies comerciais, artes e aparellos e contaminación mariña a máis de 700 escolares, a través dunha metodoloxía práctica e de observación adaptada aos escolares e posta en marcha a través dun equipo de  oceanógrafos con experiencia na execución de programas e actividades de divulgación científica sobre medio mariño.

Das temáticas que se ofrecían aos centros (1  Quen vive non  noso mar?, 2  Imos  á  peixería!, 3 Lixos  mariñas ou 4 Artes e  aparellos de pesca) as máis escollidas foron as que versaban sobre a fauna da ría e os lixos mariños.

https://enfoques.gal/amarina/el-galp-a-marina-ortegal-pone-fin-a-sus-jornadas-de-divulgacion-en-los-centros-escolares/