Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Os alumnos do CEIP de Covas visitan o CECUMAR (Centro de Cultivos Mariños) de Ribadeo dentro do Programa "Mares de Cultura, os Nenos e o Mar" promovido polo GALP A Mariña-Ortegal

O pasado día 22 de outubro os escolares do CEIP de Covas, visitaron o Centro de Cultivos Marños (CECUMAR) de Ribadeo, dentro do programa "Mares de Cultura, os Nenos e o Mar", promovido polo GALP A Mariña-Ortegal.

Durante a visita, os alumnos de primaria coñeceron a labor que realizan os investigadores neste Centro referente en Galicia, onde traballan e estudan diferentes temas relacionados co medio mariño, centrándose especialmente nos bivalvos de interese comercial, como a ameixa.

Dende o GALP A Mariña-Ortegal agradecemos a amabilidade e o bo traballo que realiza a xente do CECUMAR e tamén por abrirnos as portas para que os rapaces coñezan dende dentro o seu funcionamento.

Mais información:  http://maresdecultura.es/visitamos-o-centro-de-cultivos-marinos-co-ceip-...