Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ABRE PRAZO CONVOCATORIA - ÚLTIMA OPORTUNIDADE FONDOS FEMP - AXUDAS - GALP COSTA DA MORTE – PRAZO PRESENTACIÓN ATA O 27 FEBREIRO 2022

Dende o GALP Costa da Morte informamos a publicación no DOG da ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220127/AnuncioG0427-301221-0005_gl.html

Os promotores disporán de un prazo dun mes para a presentación telemática, ata o 27 de febreiro do 2022.

Para mais información, pode poñerse en contacto connosco a través do teléfono 981707378 ou o correo: galp.mar.costadamorte@xunta.gal.

Estamos a súa disposición na oficina sita no Edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, Buño, Malpica de Bergantiños, de luns a venres de 8:30 a 15:00horas.

http://Orde do DOG nº 18 do 2022/1/27 - Xunta de Galicia