Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PASAPORTE REMA

O proxecto “Pasaporte REMA” parte da experiencia acumulada nos últimos anos polos GALP galegos na creación, dinamización e xestión da Rede REMA. A Rede ten adheridos 27 espazos de contido museístico e preténdese que cando as visitas acudan a algunha destas salas, continúen as visitas a outros museos da Rede, coma se a Rede fose un espazo de peregrinación.

 

Co Pasaporte REMA,  preténdese dinamizar os espazos da Rede REMA, e difundir o  contido museísitco da Rede, mostrándoos dunha maneira atractiva, interactiva e divertida para achegar á xente máis nova ao seu acervo “cultural mariñeiro”.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP COSTA DA MORTE
Datos de interese: 
Otras entidades participantes: GALP A Mariña Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Seo Fisterra, R.Muros Noia Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur, Galp Pontevedra, Galp Ría de Pontevedra, Galp Ría de Vigo - A Guarda
Perfil empresarial: 
Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 3 de agosto de 2016 da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) Orde do 13 de decembro de 2019 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2020 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva a proxe
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
13/05/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
30/12/2021
Ámbito de aplicación: 

O proxecto abarca todo o litoral galego, con influencia nun total de 77 concellos, integrados no total de GALPs existentes na comunidade galega.

Os municipios que forman parte destes 8 GALPs son os seguintes:

A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Vimianzo e Muxía./ Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muros, Noia, Outes e Porto do Son/ Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa/ Barreiros, Burela, Cariño, Cedeira, Cervo, Foz, Mañón, Ortigueira, Ribadeo, Valdoviño, O Vicedo, Viveiro, Xove/ A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada/ Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume/ Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda/ Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
188.300€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
188.294,55 €
Total axuda pública aprobada (€): 
188.294,55 €
% Subvención: 
99,9
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
160.050,37 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
28.244,18 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto  ten como finalidade potenciar dunha forma innovadora rendible, sostible e diferenciada a competitividade turística dos territorios que compoñen o espazo atlántico europeo, a través da posta en valor da cultura e o patrimonio material e inmaterial mariñeiro, utilizando novos contidos e canles de comunicación adaptados a unha esfera experiencial, emocional e relacional, que converta a oferta turística das zonas costeiras do espazo atlántico galego nun mercado de emocións singular.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Maior oferta cultural nos espazos con contido mariñeiro e maior promoción dos mesmos:

- Espazos con contido museístico de temática mariñeira.

- Maior axenda de actividades no seu territorio.

- Novos contidos experienciais e exposicións de carácter temporal contribuirá a incrementar a oferta turística e cultural do territorio.

 

Os principais produtos resultantes da execución do proxecto “Pasaporte REMA” son:

 

- 10.000 minguias da o fichas coleccionables dos espazos da Rede REMA

- 20 cestas regalo de artigos artesanais mariñeiros (valorados os seus produtos a un mínimo de 150 €).

- 24 novos paneis destinados a exposición "O océano que nos une"

- 1 Unidade didáctica sobre o contido museístico dos 27 espazos museísticos da Rede REMA

- 1 Plataforma virtual didáctica

- 1 Evento da Rede celebrado o día internacional dos museos

- 1 Escape Room desmontable con temática relacionada coa cultura mariñeira

- 1 Xornada de presentación de resultados

- 3 Seminarios da Rede Rema

- 1 Exposición temporal de temática mariñeira

- 100 contidos en RRSS de temática mariñeira

- 2 Campañas de pago en Redes Sociais

- 20 novos contidos na web da Rede REMA

- 9 microvideos da Rede REMA

Principais actividades do proxecto: 

1.Deseño do selo REMIÑA

2. Novos contidos culturais na Rede REMA

3. Dixitalización dos contidos museístico de temática mariñeira, non como mera réplica na internet dos contidos expostos senón usar a tecnoloxía para transformar os contidos.

4. Desenvolvemento dunha unidade didáctica sobre o contido dos museos dirixido a centros de educación secundaria localizados en zonas dos GALP galegos para facilitar a aprendizaxe sobre a cultura do mar de maneira atractiva e divertida. En base a esta unidade didáctica construirase un xogo de “escape room” virtual para solucionar enigmas co contido dos museos. Os 5 colexios que obteñan mellor tempo participarán nun “escape room” físico de temática mariñeira.

5. Conferencias para difundir o coñecemento e de debate e reflexión.

6. Actividades de dinamización e comunicación da Rede REMA, coas seguintes accións:

- Exposicións temporais no cada territorio GALP

-  Microvídeos, servizos de community manager e xestión de contidos web

- Campaña en redes sociais para intensificar a comunicación da axenda de actividades e resultados obtidos.

7. Xornada de peche para a presentación de resultados , no cal ademáis realizarase un sorteo entre as persoas que obtivesen o Selo REMIÑA e estará ao dispor dos asistentes o “escape room”.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 
-
Obxectivo específico da EDLP: 

Conservar e promover el patrimonio inmaterial ligado a cultura mariñeira atlántica, especialmente entre a poboación mais moza.
Promover e difundir a cultura mariñeira a través das TICs.
Promover o desenvolvemento económico, a inclusión social e a creación de emprego no sector turístico.
Poñer en valor e usar turisticamente a importante rede de patrimonio etnográfico, cultural, paisaxístico e ambiental, utilizando como elemento vertebrador os recursos culturais ligados o mar dos territorios implicados.
Intensificar as relacións entre as poboacións do espazo atlántico a través da cultura mariñeira.
Protexer, mellorar e difundir o rico patrimonio natural, urbano e cultural do espazo atlántico.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)