Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Asociación Síndrome de Williams Galicia gaña o certame de postais de Nadal organizado polo GALP

Postal da Asociación Síndrome de Williams Galicia, gañadora do concurso

A Asociación Síndrome de Williams Galicia érguese como gañadora do concurso de postais de Nadal do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Este certame estaba dirixido ás entidades de diversidade funcional do territorio co obxectivo de darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar para impulsar a inserción laboral aproveitando estas datas tan sinaladas.

As postais participantes, entre as que se atopaban as de entidades como Aspanaes, Aspadisol, Aspace Coruña, Asociación AIND e Artefios, sometéronse ás votacións dos usuarios e usuarias a través de Instagram, Twitter e Facebook, sendo a proposta da Asociación Síndrome de Williams Galicia a gañadora por ser a que máis 'Me gusta' obtivo. Como premio ao primeiro posto, a entidade recibiu un agasallo e a súa creación foi empregada para felicitar as festas desde o GALP. 
 
As entidades que participaron crearon unha postal de Nadal relacionada co mar, podendo estar ambientada ou inspirada no Golfo Ártabro, ou no mundo do marítimo en xeral. 
 
“A través do certame búscase facer fincapé na xigantesca labor que fan as entidades coas persoas con diversidade funcional e a importancia das mesmas no seu desenvolvemento e inserción laboral”, indica o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro. “Este concurso é unha forma de darlles visibilidade e achegalas ao mundo do mar, facilitando a súa integración neste”, destaca. O GALP Golfo Ártabro Sur exporá todas as postais recibidas na súa sede.
 
Postal de Aspanaes

 

Postal de Artefíos

 

Postal da Asociación AIND

 

Postal de Aspadisol

 

Postal de ASPACE Coruña