Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

II Xornada sobre a Pesca do Cerco

Hoxe, a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acolleu a II Xornada sobre a Pesca do Cerco, organizada pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia. A xornada, titulada 'Inspección, control e réxime sancionador na pesca do cerco', levouse a cabo durante toda a mañá e contou con relatores expertos na materia e coa presencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.
 
Nas diferentes intervencións tratáronse temas de elevada importancia para o sector pesqueiro como 'A inspección e o control da pesca nas augas interiores galegas' ou 'A función inspectora e sancionadora do Estado en materia de pesca marítima con especial atención ás especies con TAC, Programa GESCuotas, entre outras, que correron a cargo dun representante da Consellería do Mar e da subdirectora xeral de Control e Inspección de Pesca do MAPAMA, Teresa Molina Schmid.
 
O acto rematou cunha mesa redonda na que os relatores intercambiaron datos, opinións e expuxeron as súas dúbidas ou inquedanzas. Do peche da xornada encargouse a Conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana. 
 
Xuntamos fotos da xornada e programa da xornada.