Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación dos resultados da Avaliación Intermedia da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur

Máis de 1.600.000 euros concedidos en axudas entre 2017 e 2019 por parte do GALP Golfo Ártabro Sur

  
Este venres, 14 de febreiro, o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur celebrará a súa Avaliación Interna, co obxectivo de realizar unha análise de tódalas accións levadas a cabo ata a metade do período de execución para, deste xeito, coñecer o alcance da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e do seu programa de axudas.
A partires desta información procúrase comprender as problemáticas e logros acadados e , así, establecer as medidas necesarias que contribúan a potenciar o seu impacto positivo no territorio e continuar o curso de acción para o resto da execución da EDLP.

O GALP Golfo Ártabro Sur, chega a esta data con uns resultados do 74% do orzamento destinado a xudas, máis de 11 novos empregos vencellados ao sector, ata 32 postos de traballo consolidados, 17 novas empresas ao abeiro do programa de axudas, 3 proxectos adicados á redución da pegada de carbono ou ata 8 accións e actividades de animación e dinamización do GALP e máis de 100 persoas beneficiarias.

Tamén se fará unha presentación coa finalidade de informar sobre como presentar os proxectos e a documentación para a convocatoria de 2020, así como responder a todas as dúbidas que xurdan aos promotores e demais asistentes.
 

Data: venres 14 de febreiro 
Hora: 19:00-20:00
Lugar: La Fábrica (Perillo)