Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Acondicionamento vestiarios e creación aula de formación Club Náutico Ría de Ares

Mellora da infraestrutura e das instalacións da escola de vela, co obxecto de poder ampliar a oferta formativa, tanto a nivel lúdico como profesional. Con esta actuación o Club Náutico poderá ter dous grupos de alumnado, un deles na nave realizando prácticas e o outro na aula impartindo as clases teóricas dos cursos. Dentro das mesmas instalacións ofrecen todos os servizos relacionados coa náutica, dende a formación, vela lixeira, titulacións náuticas, atraque de embarcacións, mantemento da embarcación, zona de servizos, polo que ter unhas instalacións en perfectas condicións para a formación permitirá que se poidan realizar os cursos no Porto de Ares sen necesidade de desprazarse.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Club Náutico Ría de Ares
Datos de interese: 
http://www.nauticoares.com/
Perfil empresarial: 
Club Náutico. Persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
-
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
09/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Local: Concello de Ares

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
21.319,91€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
17.619,76€
Total axuda pública aprobada (€): 
8.316,53€
% Subvención: 
47,2
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
7.069,05
FEMP (%): 
85
CA (€): 
1.247,48
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Adecuación das instalacións actuais, xa que nestes momentos o acceso dende a zona de varada das embarcacións aos vestiarios é necesario sair á rua (creación dun acceso directo dende a nave aos vestiarios, unido así á aula da nave)

-  Adecuación da infraestrutura e das instalacións da escola de vela

- Creación dunha aula que reúna as condicións necesarias para impartir os diferentes cursos que oferta o Club Náutico Ría de Ares. 

- Con estas adecuacións se pretende dar unha mellor oferta formativa, tanto a nivel lúdico como profesional, permitindo poder ter ao mesmo tempo dous grupos, un na nave realizando prácticas e outro na aula impartindo clases teóricas dos cursos. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Aparte de crear unha nova fonte de postos de traballo, o ter unhas instalacións adecuadas para a formación permitirá que moitos deles poidan realizar cursos en Ares sen a necesidade de desprazarse.

Principais actividades do proxecto: 

- Adecuación e modernización da escola de vela en vestiarios e pañol.

- Creación de aula de formación e oficinas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.

2.3. Fomentar as actividades asociadas ao crecemento azul con potencial desenvolvemento no territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)