
Proxecto de natureza non produtiva promovido de forma conxunta polos Concellos de Fene, Ferrol e Narón para a creación dun taller de aproveitamento e tratamento de residuos plásticos e un obradoiro de madeira e plástico no que inclúa as crebas de madeira. Conta coa colaboración das asociacións ASPANEPS , Saúde Mental Ferrol e a Universidade da Coruña - Campus de Ferrol (Laboratorio de Plásticos e Escola de Deseño). Tamén se contará, puntualmente co asesoramento no mantemento da maquinaria do CIFP Ferrolterra que conta con ciclos superiores de deseño e mantemento industrial.
Este proxecto está inspirado na iniciativa PreciusPlastic, que pode definirse coma unha combinación de persoas, máquinas, plataformas e coñecementos para crear un sistema de reciclaxe global alternativo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover a integración social, a través dunha iniciativa que traballe na erradicación e valorización dos residuos da zona costeira. Para isto foméntase a colaboración entre os concellos, o sector da inclusión social e o sector pesqueiro para deseñar proxectos de economía circular, contribuíndo deste xeito a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira.
Fomentar a colaboración dos concellos a prol dunha sociedade máis inclusiva, reforzando a conexión co ámbito da inclusión social e o pesqueiro, aproveitando a sinerxia entre estas entidades, para realizar actividades que valoricen os residuos e promovan a cohesión social da zona costeira.
Aposta por un desenvolvemento económico sostible baseado na economía circular, promovendo sinerxias entre o sector público e o sector socioeconómico e o aproveitamento dos recursos locais.
Realizar actividades ocupacionais, laborais ou terapéuticas, nos centros de inclusión social, a través da valorización do lixo plástico, para obter un beneficio social, económica e ambiental.
Promover a inclusión laboral das persoas que forman parte das entidades de inclusión social coa realización de novas actividades produtivas ou laborais.
Fomentar a colaboración das confrarías coas entidades sociais.
Sensibilizar ao sector pesqueiro sobre a problemática do lixo mariñoe o aproveitamento sostible dos refugallos do mar.
Reforzar o traballo en rede do sector do mar e o seu papel como entidades de economía social.
Posta en valor do produto pesqueiro
Integrar ás entidades sociais dos respectivos concellos mediante a sinatura de acordos que potencien a realización de actividades de mellora medioambiental e aproveitamento de residuos.
Creación de talleres de aproveitamento de refugallos plásticos e de residuos procedentes do mar (madeira) para a elaboración de diferentes produtos.
Fomentar unha maior sensibilización sobre a problemática do lixo mariño e unha maior aposta pola economía circular a través do aproveitamento sostible dos refugallos do mar.
Mellora da calidade do produto pesqueiro. Accións que animen ao consumo do produto pesqueiro entre as entidades sociais de inclusión.l
Redución do lixo mariño e unha mellora da biodiversidade e dos ecosistemas mariño, derivados das actividades de limpeza da zona costeira e tamén das actividades de sensibilización.
Actividade 1. Creación do centro integral de valorización dos plásticos (PreciousPlastic): Adquisición de maquinaria, matrices, moldes e ferramentas; instalación e posta en marcha da maquinaria; apoio inicial e asesoramento no manexo de maquinaria e produtos.
Actividade 2. Asesoramente e formación LABPLAST. Formación e asesoramento da UDC-Campus de Ferrol (Laboratorio de Plásticos e Escola de Deseño).
Actividade 3. Creación de taller de valorización de plásticos e madeira: Adquisición maquinaria para a creación de taller e formación inicial manexo maquinaria.
Actividade 4. Plan de comunicación: Imaxe gráfica, videos, RRSS, cátalogo produtos/servizos....
Actividade 5. Plan de sensibilización ambiental e dinamización da rede de colaboradores: Programa de recollida e xestión sostible dos plásticos e lixo mariño; actividades de sensibilización ambiental na costa e co sector pesqueiro; material divulgación e sensibilización do proxecto e actividades.
Fomento da cooperación
Implantar un modelo de traballo no territorio GALP para o emprendemento social
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)