Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Asemblea Xeral Ordinaria de Socios Galp Golfo Ártabro Norte

O próximo xoves 30 de maio, o GALP Golfo Ártabro Norte celebra unha Asemblea Xeral Ordinaria de Socios na Casa do Pescador de Miño, onde entre outros temas, presentaránse aos asociados as contas anuais do ano 2018, así como a proposta de orzamento para funcionamento e animación para o 2019. Os representantes das entidades asociados están convocados ás 19 horas en primeira e ás 19.30 horas en segunda convocatoria.

Tamén farase unha pequena presentación aos asistentes, da proposta definitiva da Xunta Directiva en relación aos proxectos FEMP presentados nesta Convocatoria 2019, e que xa foi remitida á Consellería do Mar para a resolución definitiva dos mesmos; así como darase conta do Informe de Avaliación e Seguimento da EDLP 2018.