Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nova data celebración Obradoiro Desenvolvemento de Iniciativas de Emprendemento e Oportunidades de Financiamento

O vindeiro xoves 10 de xaneiro de 2019 ás 18:00h, na Casa do Pescador de Miño terá lugar unha xornada dedicada a salientar as oportunidades que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro brinda para a creación ou ampliación de negocios no territorio. Para elo organiza un obradoiro gratuíto no que as persoas participantes poderán ademais coñecer outras entidades que xa están a desfrutar destas axudas, tanto no propio territorio como no de outros GALP da costa galega.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse na seguinte ligazón: http://bit.ly/GALPObradoiro

Evento dirixido a persoas con inquietude por emprender ou ampliar os seus negocios.

Nesta xornada estudaranse casos de éxito levados a cabo coas axudas dos GALP. Deste xeito preténdese mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar novas alternativas de explotación reproducibles no territorio para así motivar a retención de talento e o crecemento sostible do territorio.

O evento contará tamén cun obradoiro que servirá para orientar ás persoas interesadas nos procesos de solicitude e das axudas financeiras que poden ter ao seu alcance.

A actividade rematará cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de crear unha rede de contactos entre as persoas participantes.

PROGRAMA:

18:00 – O GALP Golfo Ártabro Norte, un abano de posibilidades para o emprendemento.

18:30 – Pechakucha - Casos de éxito a partir das axudas dos GALP

19:30 – Como e quen pode solicitar unha axuda para o seu negocio?

20:00 – Pincho mariñeiro e networking