En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte elevou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas a proxectos produtivos na segunda fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2019 o día 10 de outubro.
O día 5 de novembro o Servizo de desenvolvemento das zonas de pesca (Consellería do Mar) procedeu á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 25.30 da Orde de Axudas, motivado en que tres dos proxectos propostos por este GALP encádranse no obxectivo 2 da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, non tendo crédito suficiente nese obxectivo para subvencionar a totalidade dos proxectos propostos
Esta nova proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos produtivos da 2ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos nesta convocatoria 2019.
Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 2ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2019, tendo en conta todo o anterior, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva
Preme nos seguintes enlaces para ver as NOVAS propostas de resolucións DEFINITIVAS e proxectos desestimados nesta 2ª fase de adxudicación de axudas:
Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2019
Anexo II. Proposta Definitiva DESESTIMACIÓN axudas Xunta Directiva