
O Programa "Ondas de memoria: sementando cultura mariñeira" posto en marcha pola Asociación Semente de Trasancos de Neda, concrétase en accións divididas en tres fases, creación dun filme-dvd e un libro-guía de 50 páxinas interiores sobre a riqueza mariña e o patrimonio inmaterial das mulleres mariñeiras e mariscadoras das confrarías do ámbito territorial do GALP Golfo Ártabro Norte (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Mugardos, Ares, Cabanas, Pontedeume, Paderne e Miño). Nestas publicacións aparecerá todo o coñecemento a través dunha serie de entrevistas que se realizaran as propias mulleres mariñeiras da comarca e dun convivio-coloquio entre estas personaxes da cultura marítima-pesqueira e os escolares de infantil e primaria da Escola Semente Trasancos, que ten o seu local na aldea do Roxal en Neda.
Tamén realizaránse visitas lúdicas e culturais dos nenos e nenas da Escola Semente Trasancos á lonxa de Ferrol, o Museo de Historia Natural de Ferrol e a visita á confraría e acuario de Barallobre, de cara a apoiar e favorecer a transmisión interxeracional do patrimonio inmaterial e a cultura mariñeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomento da creación de emprego ao redor do ámbito cultural, en específico, no relativo á cultura mariñeira.
Poñer en valor persoas do ámbito mariñeiro que son represtixiadas a través da posta en valor dos seus relatos, saberes e valores.
Visibilizar a importancia das súas traxectorias vitais a través de elementos de difusións con soportes físicos (libro e DVD) que acaban por xerar sentimentos de pertenza, utilidade e valor social das súas funcións individuais.
Recollida de información estruturada en diferentes ámbitos do patrimonio inmaterial: ámbito das lendas, do vocabulario específico, dos saberes manuais: redes, nasas....
Mellorar a protección da biodiversidade e os ecosistemas acúaticos.
Favorecer a memoria mariñeira do territorio.
Información recompilada e estruturada en diferentes ámbitos do patrimonio inmaterial: ámbito das lendas, do vocabulario específico, dos saberes manuais: redes, nasas....
Mellorar a protección da biodiversidade e os ecosistemas acúaticos.
Favorecer a memoria mariñeira do territorio e visibilizar o traballo dos homes e mulleres que traballan no mar.
Fase I. Planificación e investigación
Fase II. Creación do vídeo documental - DVD - produción e impresión do DVD
Fase III. Creación do libro-guía. Deseño, maquetación e impresión. Actividade lúdica para presentación oficial
Fase IV. Divulgación do proxecto
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras
Facer máis accesible a información e coñecemento sobre o patrimonio mariñeiro para a súa posta en valor
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)