Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada formativa

Martes, 11 de Febrero de 2020 - 12:02
O vindeiro martes día 11 de febreiro ás 12:00h terá lugar na sede do GALP Ría de Arousa, en FEXDEGA, una xornada informativa para explicar o procedemento e as liñas de axuda nas que, aqueles posibles promotores de novos proxectos, poden obter financiación para levar a cabo a súa iniciativa. Dende o GALP Ría de Arousa informase que o día 1 de Marzo de 2020 rematará o prazo para a presentación de solicitudes de proxectos segundo a Orde de 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). O obxectivo desta xornada será asesorar sobre a documentación a presentar coa solicitude, así como solventar as dúbidas dos participantes. Polo tanto o público destinatario será aquel que vai a cumprimentar dita documentación, podendo acudir tamén a persoa solicitante. Por favor rogamos confirmen asistencia, indicando o teléfono e o correo electrónico no 986 510953 ou ben a través do noso enderezo electrónico gac.riadearousa@hotmail.es