O proxecto promovido pola Confraría de Pescadores da Coruña ten como obxectivo reforzar a vixilancia, o control e a trazabilidade dos recursos marisqueiros e pesqueiros da Ría do Burgo mediante a incorporación de tecnoloxía avanzada e portátil.
A iniciativa contempla a compra dun dron e prismáticos para mellorar a vixilancia das zonas de produción, especialmente aquelas de difícil acceso, co fin de previr o furtivismo, monitorizar focos de contaminación e avaliar o impacto do cambio climático. Ademais, adquirirase un portátil e dúas pesas (unha para marisqueo e outra para percebe) co obxectivo de modernizar os procesos de pesaxe, identificación e trazabilidade das capturas, integrándoos no novo sistema “Lonxas Galegas 4.0”.
O proxecto tamén inclúe a formación de 10 persoas asociadas da confraría para o manexo de drons a través da axuda PE610A-2024-00018.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Reforzar a vixilancia dos bancos marisqueiros e zonas de produción, especialmente en áreas de difícil acceso.
- Previr e reducir a actividade furtiva na Ría do Burgo.
- Controlar e monitorizar focos de contaminación e residuos que afecten os recursos mariños.
- Obter imaxes de alta resolución para analizar a evolución das sementeiras e o impacto do cambio climático.
- Mellorar os procesos de pesaxe e identificación do produto pesqueiro.
- Incrementar a eficiencia na trazabilidade e transmisión de datos ás administracións.
- Facilitar un control máis rigoroso e profesional do postcaptura, mellorando a información ao consumidor final.
- Manter o emprego na confraría e garantir a viabilidade económica a medio e longo prazo.
- Promover a modernización, a sustentabilidade e a profesionalización do sector.
- Maior cobertura e eficacia nas xornadas de vixilancia.
- Redución dos índices de furtivismo nas zonas marisqueiras.
- Mellora na protección e conservación dos bancos de marisco.
- Monitorización precisa dos impactos ambientais e evolución das zonas de produción.
- Modernización do sistema de pesaxe e rexistro, con etiquetas e datos fiables no punto de control.
- Maior transparencia e trazabilidade cara á administración e ao consumidor final.
- Consolidación do emprego e sustentabilidade da confraría.
- Reforzo do prestixio do produto pesqueiro local e da súa calidade diferenciada.
- Compra e posta en funcionamento dun dron profesional para a vixilancia aérea dos bancos marisqueiros.
- Compra de prismáticos de alta capacidade de aumento para gardapescas.
- Adquisición dun portátil e dúas pesas calibradas e homologadas (unha para marisqueo xeral e outra específica para percebe).
- Integración do sistema no programa informático “Lonxas Galegas 4.0”.
- Formación de 10 persoas asociadas no manexo e uso de drons para aplicacións marisqueiras e de conservación.
- Uso operativo no punto de control portátil situado no peirao da Dársena de Oza.
- Difusión e sensibilización sobre o valor do produto local e a pesca sostible.
- Obxectivo estratéxico 1: Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
- Obxectivo específico 1.1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

