Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DINAMIZACIÓN /EQUIPAMENTO MUSEO COLÓN

O obxectivo do proxecto é dar a coñecer os valores patrimoniais, culturais e mesmo ambientais a redor da figura do Colón galego navegante, co que se pretende revalorizar estes conceptos. Así mesmo revalorizar o resto do patrimonio municipal a través desa canle de difusión que é a Casa Museo de Colón.

Trátase dun proxecto multidisciplinar e transversal (turismo, cultura, patrimonio, sostibilidade...). Contribuirá á creación dun novo produto turístico desestacionalizador que poña en valor o patrimonio vencellado á figura de Colón e a cultura mariñeira.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 209
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Poio
Datos de interese: 
https://terrasdepontevedra.org/es/museos/casa-de-colon/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2 (2021-2022)
Data fin de execución: 
14/09/2021
Ámbito de aplicación: 

Poio

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.794,73 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
54.794,73 €
Total axuda pública aprobada (€): 
54.794,73 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
46.575,52 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
8.219,21 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Posta en valor da cultura mariñeira e marítimo pesqueira do territorio e do patrimonio cultural e natural vencellado á mesma.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Xerar un coñecemento activo na poboación local e difundir contidos existentes e de nova creación do museo.
  • Apertura a un público máis amplo da Casa Museo de Colón (público en xeral).
  • Parte das actividades que se organizarán a través deste proxecto no museo executaranse tamén noutros locais culturais do territorio de Poio e do GALP Ría de Pontevedra, co obxecto da maior difusión posible dos contidos de valorización da cultura marítimo pesqueira e patrimonio cultural e natural.
Principais actividades do proxecto: 

No marco do proxecto levaranse a cabo as seguintes accións:

1.-Contratación de persoal técnico co perfil de auxiliar de museos, con habilidades dinamizadoras o que se ponderará no proceso selectivo deste persoal (1 técnico museo). Funcións:

  • Creación e/ou ampliación da carteira de servizos culturais e dos horarios de apertura da Casa Museo de Colón.
  • Xeración de contidos museísticos.
  • Dixitalización e inventario dos existentes.
  • Investigación de cultura e tradicións a redor da figura do descubridor galego.
  • Xeración de actividades e materiais didácticos e de difusión orientadas por colectivos (infancia, mulleres, outros colectivos...) e por temáticas.
  • Elaboración de blog cos contidos elaborados e existentes así como informativo das actividades e de redes sociais propias ou contidos para as xa existentes de carácter municipal.
  • Colaboración con entidades que xeren ou posúan contidos relacionados coa figura do Colón galego (Concello de Pontevedra).
  • Establecemento de cultura de rede e sinerxías con entidades do territorio e foráneas para a promoción do Colón Galego (asociacións, embaixada americana, ...)

2.-Elaboración de vídeo documental promocional. Realizarase un documental promocional de calidade técnica e artística, co cal a través da gravación de diversas secuencias preténdese descubrir as características e curiosidades descoñecidas desta figura e os elementos citados. Subtitulado idiomas e accesible persoas xordas.

3.-Pílulas ambientais nas actividades.

4.- Adquisición de equipamentos audiovisuais de última tecnoloxía como soporte para as actuacións e proxeccións. (monitor táctil de última xeración 65” con soporte móvil e cámara con accesorios para video conferencias coas características técnicas que figuran no orzamento).

5.-Melloras ambientais na Casa Museo: material de iluminación de eficiencia enerxética e instalación de elementos de recollida selectiva de residuos.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Protexer e poñer en valor o patrimonio cultural como recurso emblemático na Ría de Pontevedra, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1.Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)