O proxecto consistirá no lanzamento dun Marketplace (mercado online) de produtos pesqueiros e outros produtos de interese, que solucionará a falta de demanda e as restricións derivadas da pandemia no formato tradicional (asistencia ás pescaderías) e garantir o distanciamento social nas compras de produtos do mar nas pescaderías e outros negocios.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar a comercialización de produtos da zona GALP da Ría de Pontevedra con especial atención aos que veñen do mar, concentrando o produto no mercado.
A Confraría
O proxecto consistirá no lanzamento dun Marketplace (mercado online) de produtos pesqueiros e outros produtos de interese, que solucionará a falta de demanda e as restricións derivadas da pandemia no formato tradicional (asistencia ás pescaderías) e garantir o distanciamento social nas compras de produtos do mar nas pescaderías e outros negocios. Un Marketplace é un espazo en internet onde os operadores poden poñer os seus produtos a disposición do consumidor final. Os beneficios e vantaxes deste tipo de ferramentas son:
• Non precisan presenza física, o que garante o distanciamento social necesario para favorecer a non propagación do Covid-19.
• Permiten a compra de produtos ou servizos de forma remota.
• Desestacionalizan as compras.
• Os recursos necesarios para os operadores presentes no mercado diminúen. Isto significa que non teñen que ter unha pasarela de pagamento, nin grandes coñecementos sobre a xestión de ferramentas de venda en liña, xa que todo se xestiona dende un coordinador, que neste caso será a Confraría de Bueu.
• Permiten enviar remotamente mensaxes sobre os valores da pesca artesanal.
• Engádense as sinerxías positivas de todos os operadores, aumentando así a calidade do servizo e as posibilidades de éxito.
• A distribución está centralizada, de tal xeito que se consigan custos de envío máis baixos para o consumidor final que con portais exclusivos para cada operador.
Mellora da comercialización dos produtos pesqueiros artesanais. Así mesmo, o proxecto está moi ligado con outros proxectos desenrolados pola Confraría de Bueu que teñen como obxectivo promocionar e dar a coñecer os beneficios, en termos de sustentabilidade e de calidade, dos produtos da pesca artesanal. Estes proxectos permiten a diferenciación e posicionamento no mercado dos produtos da pesca artesanal, ao dotalos de valor engadido apreciado polos consumidores. Esta revalorización dos produtos contribuirá a promover o crecemento económico do sector e por extensión da contorna de Bueu.
- Fomento de la certificación y comercialización de productos pesquero y acuícolas.
- Reducción de los circuitos de comercialización.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)