Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2022

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada o 25 de marzo de 2022 en Marín, seleccionou definitivamente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A)”. Esta resolución foi publicada na mesma data na web galp.xunta.gal e no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra.

Transcorrido o prazo de cinco días hábiles para a presentación de alegacións, a Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevera en reunión mantida na data do 25 de marzo analizou as alegacións presentadas. Así, eleva a público a proposta definitiva de aprobación de proxectos produtivos e non produtivos así coma os desestimados para a convocatoria 2022.

Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións definitivas:

Esta proposta de resolución definitiva de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2022, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta adxudicación de axudas  e aos límites de execución dos obxectivos estratéxicos da EDLP do GALP Ría de Pontevedra. As cantidades aprobadas pendentes de dispoñibilidade de fondos son propostas para a súa incorporación en lista de agarda seguindo as prioridades dos proxectos aprobados.

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.