Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROXECTAR E CONSTRUÍR UN SISTEMA DE RECOLLIDA DE ALGAS SUBMAREAL

O principal obxectivo do presente proxecto é o deseño e a construción de maquinaria especificamente adaptada para o seu uso na recollida de algas no submareal partindo dos coñecementos que as confrarías e as empresas implicadas no proxecto xa temos sobre este tema. O sistema de recollida a flote será completamente diferente ó que ata agora se ven empregando; trátase dun sistema traballo e verquido en continuo que  dotan ó sistema dunha capacidade carga infinitamente superior ó dos rastros. Á vez que permite nunha retirada homoxénea en toda a zona, xa que non hai interrupcións na limpeza.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 205
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonxa de Campelo
Datos de interese: 
PESCADO ARTESANAL
Perfil empresarial: 
Agrupación de interese económico das Confrarías de pescadores de Lourizán, Pontevedra e Raxó
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1 (2021)
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Pontevedra e Poio

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
116.703,29 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
96.449,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
96.449,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
81.981,65 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
14.467,35 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  •  A redución dos graves danos ocasionados polas algas de arribazón nas zonas de marisqueo a través dun sistema mecanizado de alta eficiencia que implique só a 2 operarios e libere ós mariscadores desta tarefa.
  • A mellora da xestión dos recursos marisqueiros permite manter ou incrementar o valor da actividade, posibilita aumentar o número de permisos (creando emprego) e fai do marisqueo unha actividade atractiva para a mocidade.
  • Mellora da eficiencia económica do traballo que permitirá reducir o esforzo nas tarefas de limpeza das mariscadoras e por tanto unha menor perda de xornadas de traballo extractivo para realizala.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  •  Aumento significativo da capacidade de retirada de algas de arribazón na zona submareal.
  • Ningunha perda de días de marisqueo por afectación das algas sobre os bancos ou por traballos de retirada realizado por mariscadores. Redución da mortandade e/ou efectos subletais da cobertura de algas sobre as poboacións de moluscos bivalvos comerciais.
  • Mellora da situación do stock comercial e do seu manexo.
  • Evitar as perdas de fixación larvaria e a mortandade larval.
  • Redución de perdas ou mellora das rendas dos mariscadores.
  • Redución dos efectos negativos da cobertura algas sobre os sedimentos e as comunidades.
Principais actividades do proxecto: 

Deseño e construción dun sistema de recollida de algas en continuo no submareal. Á vez que permite nunha retirada homoxénea en toda a zona, xa que non hai interrupcións na limpeza.

O proxecto faise en dúas fases, unha en cada anualidade:

Anualidade 2021. Recompilación de información, probas de materiais, requirimentos mecánicos, eficiencias, custes, etc Estudio e deseño do sistema de captación de algas do fondo mariño Estudio e deseño do sistema de elevación de algas á embarcación Estudio e deseño do sistema de almacenamento e compactación das algas na embarcación.

Anualidade 2022. Elección das opcións máis eficientes, construción do prototipo e probas en mar

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da  cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)