O proxecto céntrase na execución das actividades que dende a Confraría se consideran necesarias para mellorar a xestión do banco marisqueiro e facilitar as condicións de traballo ás mariscadoras e ao persoal da confraría.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto “Ranchera” é a posta en marcha dun sistema de vixilancia e control das praias localizadas dentro do territorio da confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra para previr e loitar contra o furtivismo que ven sufrindo a zona nos últimos anos.
Ademais disto, a confraría de pescadores de San Telmo vai colaborar coa lonxa de Campelo en tarefas de resiembra de ameixa a partir da cesión do vehículo para tales efectos axudando ás mariscadoras na súa labor diaria. Tamén se colaborará co concello de Poio ao cal se axudará, coa cesión do vehículo, nas tarefas de limpeza das praias do seu territorio.
O resultado principal do desenvolvemento do proxecto é garantir o correcto uso das praias e facilitar os traballos das mariscadoras da lonxa de Campelo.
1. Apoio a actividades/iniciativas de limpeza de praias
2. Organización, inspección, control e vixilancia das praias do ámbito territorial ca confraría de pescadores San Telmo, para evitar a acción dos furtivos e o uso indebido das mesmas.
3. Apoio ás mariscadoras das confrarías da lonxa de Campelo nas súas tarefas de resiembra de produto marisqueiro
4. Mellora da comunicación das actuacións realizadas pola confraría mediante a implementación dunha páxina web na cal informar das labores de vixilancia, accións de limpeza sobre os bancos marisqueiros...
- Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.
1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)