
O proxecto ofrece e promove alternativas sostibles de ocio e culturais a través de 5 tipos de actividades: 1. Roteiros deportivo-culturais. 2. Cursos de iniciación ós deportes náuticos alternativos. 3. Préstamo de material deportivo. 4. Xornadas de aproximación á cultura mariñeira. 5. Obradoiro de recollida e reciclaxe de residuos mariños . O proxecto será desenrolado na Ensenada de Cesantes
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xerar alternativas ecolóxicas ós deportes náuticos de motor que permitan o desenvolvemento sostible do turismo mariñeiro na Ensenada de San Simón, mediante a utilización respectuosa do seu patrimonio natural, cultural e histórico
Concienciación sobre a importancia do coidado do medio mariño (grazas á difusión da cultura mariñeira e a actividade de recollida e reutilización do lixo). Aproveitamento do entorno natural para a práctica deportiva e o lecer dunha forma ecolóxica e comprometida co medio ambiente. Potenciación das alternativas sostibles ós deportes náuticos de motor (mediante a práctica de deportes como o kitesurf, hydrofoil, wingfoil, kayak, paddlesurf, etc.). Fomento da práctica dos deportes náuticos dende unha prespectiva de xénero (mediante a reserva para mulleres do 50% das prazas dos cursos gratuitos de iniciación, así como ca organización dun Curso de kitesurf específico para mulleres). Concienciación sobre o impacto do turismo e todas as posibilidades que existen para mitigalas (grazas ós roteiros nos que se fala sobre as diferentes opcións que existen en canto a ocio, medios de transporte, formas de facer turismo, consumo local e de produto tradicional menos comercial, etc.). Dinamización económica e social da localidade Cesantes Inclusión social de colectivos en risco de exclusión grazas ás cinco actividades de balde que inclúe este proxecto e que permiten que xente sen recursos económicos poidan disfrutar de préstito gratuito de material náutico, roteiros gratuitos.
O proxecto ofrece e promove alternativas sostibles de ocio e culturais a través de 5 tipos de actividades: 1. Roteiros deportivo-culturais. 2. Cursos de iniciación ós deportes náuticos alternativos. 3. Préstamo de material deportivo. 4. Xornadas de aproximación á cultura mariñeira. 5. Obradoiro de recollida e reciclaxe de residuos mariños.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición cara unha economía de baixas emisións de carbono.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: O fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, e o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
3.1 Acadar a conservación do medio natural na zona costeira.
3.2 Concienciar ós axentes e entidades da zona pesqueira da necesidade de reducir as emisións contaminantes ó medio ambiente e incrementar o uso de enerxías alternativas e a eficiencia enerxética.
4.1 Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona.
4.2 Alcanzar maiores coutas de igualdade de oportunidades dende a perspectiva de xénero, a inclusión social de colectivos desfavorecidos ou xuventude
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)