Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Campaña #Quedaconosomar

Igual que sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao sector do mar?

Na Confraría de Vilaboa a actividade principal é o marisqueo, tanto o realizado a pe como dende embarcación. Dende o inicio do estado de alarma este sector está paralizado por falta de demanda de bivalvos, estando unicamente en activo os profesionais que se adican á pesca con trasmallos, para captura de choco.

A volta á actividade marisqueira depende directamente da recuperación da demanda, polo que é fundamental o incremento do consumo deste tipo de produtos por parte da cidadanía.

Cal considera que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade, para a sociedade e a economía de Galicia?

A actividade pesqueira é imprescindible para poder abastecer ó consumidor con produtos da pesca, considerados de primeira necesidade,

Por outro lado os produtos do marisqueo teñen como principal destiño a restauración, con un producto de calidade, moi demandado polo consumidor.

Canto emprego e volume de facturación xera o sector do mar na zona?
Emprego na Confraría de pescadores de Vilaboa:

-        Profesionais do mar socios da Confraría: 85

-        Persoal contratado:2

-        Volume de facturación no último ano: 900.000 €

Que características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?

O marisqueo en si non o consideramos unha actividade esencial porque o marisco non é un produto de primeira necesidade. Aínda que sí ten moita importancia por ser unha actividade tradicional, cunha alta taxa de ocupación laboral neste Concello.

Por que cre que é vital consumir produtos do mar?

Tal e como aseguran os expertos na materia, os produtos do mar son unha parte imprescindibles nunha dieta equilibrada.