Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución da Xunta Directiva do GALP7

A Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo – A Guarda, en reunión celebrada o 6 de abril de 2021, seleccionou os proxectos que considerou prioritarios para a execución da dúa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na "Orde de axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no mardo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes para o ano 2019.

Resolución da Xunta Directiva da 1ª convocatoria 2021:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_resolucion_1a_convoc...

Acompáñase a avaliación dos proxectos:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/avaliacion_proxectos_1a_convo...

Esta proposta da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da convocatoria de marzo de 2021 non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

Esta proposta está tamén publicada no taboeiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Vigo – A Guarda

Tal como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de axudas do 21 de decembro de 2018 da Consellería do Mar, outórgase un prazo de alegacións contra esta resolución de 5 días hábiles contados dende a súa publicación