
O proxecto consistirá na realización das seguintes actividades:
-Formación de voluntariado para recolleita de documentación etnográfica.
-Recopilación de acepcións utilizadas nas 24 tipoloxías básicas de embarcacións, partes da embarcación,manobras e aparellos específicos.
-Recopilación de termos náuticos xerais e elaboración dun vocabulario náutico comparado (5 idiomas)
-Recopilación de termos específicamente galegos e ilustración ou descrición do seu significado
-Presentación de resultados en formato web e xornada final presencial
-Difusión dos resultados obtidos
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Preservación e promoción do patrimonio cultural
Fichas de nomenclatura de 24 tipos de embarcacións
Vocabulario náutico comparado en 5 idiomas
Fase preparatoria
-Deseño inicial da estratexia de recompilación, tratamento dos datos, discusión de dúbidas e definición de resultados. -Chamamento e selección de voluntarias/os para traballo de campo. -Curso de formación de voluntarias/os -Deseño de calendario de traballo de campo. Especial atención aos encontros de embarcacións tradicionais que poidan coincidir pola facilidade de contacto con moita xente en pouco tempo e por ter xuntas embarcacións de diferentes tipoloxías. -Deseño de formularios tipo.
Fase recompilatoria
-Solicitude de colaboración ás asociacións que forman Culturmar e petición de acepcións específicas para cada tipoloxía de embarcación. -Recolleita e clasificación dos resultados obtidos das asociacións. -Readaptación de formularios e delimitación de obxectivos a acadar en traballo de campo. -Desenrolo de traballo de campo. Incluirá una recompilación fotográfica de apoio e a ser posible gravación sonora de cada termo por informantes de especial interese. -Recompilación e tratamento dos datos que se van obtendo .
Fase síntese
-Deseño final da presentación de resultados. Posibilidade que se van obtendode inclusión de ferramentas de retroalimentación para pulir e ampliar o traballo e convertelo en algo vivo e interactivo. -Envorcado de datos finais. -Edición final do material gráfico e sonoro. -Subida á rede para sua difusión pública. -Verificación do correcto acceso dende plataformas diferentes.
Fase divulgativa
-Difusión entre organismos e asociacións específicas do mundo da cultura. -Difusión dirixida especificamente aos medios informativos. -Difusión ao público en xeral e inclusión en redes sociais. Xornada final -Organización de xornada divulgativa de exposición de resultados
Control de calidade
-Control continuado das actividades realizadas e da documentación xerada. Preparación anticipada da memoria final do proxecto .
Obxectivo estratéxico 4 Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras como elemento para reforzar a identidade territorial, e o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Obxectivo específico 4.1: Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio pesqueiro da zona
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)