Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Centro para a transformación de lixo mariño

O proxecto presentado consiste na articulación dunha rede de actividades ai redor dun espazo para levar a cabo actuacións de transformación do lixo xerado sobre todo na actividade pesqueira e procedente do entorno mariño.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación sin ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
05/07/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Ría Muros-Noia

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
90.296,65 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
90.296,65 €
Total axuda pública aprobada (€): 
89.393,68 €
% Subvención: 
99
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
75.984,63 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
13.409,05 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O principal obxectivo do proxecto, diríxise a xerar vínculos e dinámicas que faciliten a aprendizaxe entre os diferentes axentes, profesionais e investigadores que desenvolven a súa actividade, centralmente, ao redor do medio mariño, establecendo novas sinerxías colaborativas, de intercambios de información e coñecementos para unha mellor xestión dos recursos e medios mariños.

Implica pois, promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e asúa reintroducción no sector xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar a colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira. O proxecto diríxese á transformación social e e á defensa dos intereses colectivos e do  ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concellos deseñando un proxecto de economía circular, que se centra n o aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras dándolle un novo uso dirixido, centralmente, á actividade pesqueira.

O obxectivo xeral do proxecto relaciónase de forma directa cos específicos do FEMP, de cara a desenvolver iniciativas innovadoras e de investigación no aproveitamento de residuos derivados da actividade pesqueira. Residuos que se recollerán a través da limpeza de praias, permite protexer  o medio mariño e favorecer a calidade medioambiental da costa. Ademais, a través do taller de prototipado de plástico, ofreceráselle a este unha segunda vida e crearase novo material, que permitirá concienciar e visibilizar sobre o coidado dos ecosistemas e protexer a biodiversidade mariña. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Asentar dinámicas de traballo en rede entre colectivos de integración social, a nivel territorial nos concellos que forman parte do Galp Costa Sostible, así como entre axentes do sector pesqueiro e outros colectivos sociais, profesionais e de investigación no deseño de diferentes programas e actividades nas que se promocionará a investigación e deseñado de pezas derivadas dos refugallos xerados na actividade pesqueira e a concienciación ao sector e á sociedade en xeral. Ao tempo acadarase unha maior concienciación de coidar e por en valor o medio mariño e costeiro.

Principais actividades do proxecto: 

O proxeto céntrase na articulación dunha rede de actividades ao redor dun espazo innovador para a transformación do lixo, na localidade de O Freixo no concello de Outes.

O programa do proxecto terá un bloque de actividades comúns dirixidas ás persoas usuarias das tres entidades participantes no proxecto, e adaptadas as súas necesidades, respondendo ás dispoñibilidades das entidades, e ao perfil das persoas usuarias, motivacións e tempo de dedicación, se ben o proxecto se comprende coma un todo.

Para a posta marcha do centro de actividades nel programadas é preciso realizar un conxunto de obras de mellora e adaptabilidade do local. O concello de Outes colabora no proxecto coa cesión dun inmoble de titularidade municipal que precisa de accións de mellora das instalacións e accesibilidade e que se nomean no apartado correspondente.

Actividade 1. Mellora e posta en marcha do centro para a transformación do lixo mariño. Acondicionamento e posta en marcha dun espazo referente no territorio para o desenvolvemento dun programa de actividades dirixido á transformación do lixo mariño.

Actividade 2. Programa de sensibilización ambiental no medio mariño. As actividades céntranse nas accións preparatorias e de sensibilización

-Accións preparatorias e de sensibilización sobre a actividade marisqueira e da relevancia que ten para o territorio. Obradoiro no que se coñecerán as formas de traballo das profesionais do marisqueo, e a evolución do sector nos últimos anos. Contémplanse unha saída para coñecer a actividade extractiva onde as persoas usuarias das entidades serán guiadas polas mariscadoras,

-Obradoido de coñecementos de proxectos actuais de coidado do mar. Coñecer as boas prácticas e experiencias que no territorio se están desenvolvendo. Proxectos como Rias Sostibles e Econoia.

-Actividade de limpeza e recollida de residuos. Saídas a praias para recollia de lixo mariño e dotación de colectores nos puntos de control de marisqueo.

-Celebración do día mundial dos océanos e o día mundial do medioambiente. Actividade de concienciación e visibilización cara á cidadanía. Desenvolveranse nunha das saídas de limpeza do litoral e facer unha exposición (durante uns días, na mesma semana na que se conmemora a data sinalada) nun espazo público. Implicaría a recolección de lixo e depósito en embalaxes transparentes con paneis ilustrativos de onde se fixo a recollida e datos e outra informacióno da situació dos océanos.

Actividade 3. Programa de transformación de plásticos.

-Acticvidade de adquisición de diferentes útiles e ferramentas para o uso de maquinaria de trasformación de plásticos. Deseño de moldes para pezas e útiles e actividades de formación e asesoramento para o taller de transformación. Sesións formativas teóricas e prácticas onde as persoas usuarias das entidades adquiran os coñecementos para o manexo de maquinaria.

-Exposición das pezas e utis en catro confrarías (actividade de divulgación do traballo e exposición de pezas). As pezas deseñadas e o seu proceso de elaboración servirán para dar a coñecer o proxecto entre os profesionais do sector do mar do territorio.

Actividade 4. Programa do deseño de útiles para a actividade pesqueira

Programa de actividades que conta coa colaboración das entidades do sector do mar, concretamente da Asociación de mulleres do sector pesqueiro, o Laboratorio de Plásticos da Universidade de  A Coruña nas actividades relacionadas co deseño de útiles e testeo de prototipado de pezas, así como nas actividades de concienciación e sensibilización. Trátase de reintroducir os novos produtos dentro da actividade pesqueira ou ben de orientar o deseño de novos produtos dirixidos non só a actividade de mar senón tamén para dar saída ás necesidades que se identifiquen noutros ámbitos, como o sector público, no deseño de materiais para a recuperación ou mantemento de mobiliario público ou outro tipo de actividades.

-Comprende talleres de deseño de materias útiles. Deseño de útiles e pezas para o sector pequeiro. Prototipado e testeo de útiles co apoio das profesionais do mar.

-Talleres de deseño e traballo de redes para nasas. Formación monitorado e asesoamento por parte de profesionais do sector das nasas. Os coñecementos adquiridos permitirán o traballo coas persoas usuarias das entidades e podendo deseñar novas pezas ou reaproveitar para o seu uso.

-Actividades formativas na recollida e tratamento de residuos e categorización e usos. Universidade da Coruña (Laboratorio de plásticos).

Actividade 5. Programa de divulgación e comunicación do proxecto.

-Obradoiro, sesións de traballo dirixidas ás persoas usuarias das entidades de inclusión para o deseño de pezas decorativas  e decoració do local do centro co apoio e dirección de profesionais artísticos do territorio. As pezas recollidase nas saídas de limpeza serán transformadas en pezas e con elas ambientarase o centro, visibilizando e facendo atractivo para o seu coñecemento entre a poboación.

-Plan de comunicación e redes sociais. Seguimento de actividade e deseño de contidos para a súa divulgación. Deseño de dispositivos de comunicación para empregar nas diferentes actividades e visibilizar o proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1: Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2 Sostibilidade da actividade pesqueira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)