Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Hotel Sempre Fisterra

Este proxecto propón a rehabilitación dunha edificación tradicional, moi alterada por intervencións incoherentes ao longo do tempo, no centro histórico da vila de Fisterra. A intervención ten por finalidade adicar o edificio a establecemento hoteleiro con sete habitacións ambientando cada unha delas con elementos que as vinculen con puntos extremos da terra.

O edificio enténdese como un contenedor cultural cuxo fio conductor será a cultura da pesca e as Fisterras do mundo.

A Fisterra galega; Le Finistére bretón; Nordkapp, a fisterra nórdica; Ushuaia, a fisterra austral; Boa Esperanza, a fisterra sudafricana; Attu, a fisterra máis ao oeste do mundo; Oodaaq, a fisterra do xeo.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Sempre Fisterra, SL
Datos de interese: 
ferrocruz@gmail.com
Perfil empresarial: 
Persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
27/11/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
28
Anualidades: 
2016-2017-2018
Data fin de execución: 
04/08/2016
Ámbito de aplicación: 

Concello de Fisterra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
429.241,99 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
423.611,51 €
Total axuda pública aprobada (€): 
184.694,62 €
% Subvención: 
43,6
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
156.990,42
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
27.704,20
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1. Acometer a rehabilitación dunha edificación no centro de Fisterra para acondionar sete novas habitacións dobres.

2. Habilitar un espazo para a exposición de artesanía mariñeira nun lugar privilexiado, no centro da vila de Fisterra ao pé do Camiño de Fisterra. Rúa moi transitada por extranxeiros e tamén polos habitantes de Fisterra.

3. Ser o primeiro establecemento hoteleiro certificado Passivhauss en Galicia e España a día de hoxe.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Mellora das oportunidades de emprego alternativo ao mar.

2. Creación unha pequena no sector turístico.

3. Aumento da actividade e contratación de persoas tanto durante a obra como unha vez rematada para o seu funcionamento.

4. Recuperación dunha edificación no centro da vila, que sirva de referente para futuras intervencións.

5. Recuperación dos balcóns que orixinariamente tiñan a maioría das edificacións da vila de Fisterra.

6. Dinamizar a Rúa Real de Fisterra, principal vía comercial da vila e traza do Camiño de Santiago a Fisterra.

7. Completar a oferta de aloxamento de calidade, mediante a creación de 14 novas prazas.

8. Acadar a certificación Passivhaus e ser o primeiro negocio hoteleiro con esta distinción en Galicia.

9. Acondicionar  un espazo de exposición de produtos artesáns nunha das rúas máis transitadas de Fisterra.

10. Recuperación da fachada marítima da vila de Fisterra cunha nova fachada máis axeitada e respectuosa coa tradición.

11. Fortalecemento e impulso do Camiño de Santiago a Fisterra.

12. Posta en valor dos recursos endóxenos como é a artesanía mariñeira e a ruta xacobea.

13. Xeración de soporte e servizos a outras empresas do territorio - Proxecto enredadas.

Principais actividades do proxecto: 

Proposta arquitectónica: o proxecto parte da premisa de eliminar todos os engadidos realizados con formigón e ladrillo e realizar a rehabilitación mantendo os muros orixinais da vivenda e recuperando o balcón que tiña a edificación orixinaria e caracterizaba a arquitectura popular de Fisterra.

Passivhaus-Enerphit: o confort térmico será unha das fortalezas deste proxecto, conseguindo espazos moi agradables térmica e acusticamente.Intentarase certificar o edificio de como o primeiro establecemento hoteleiro con clasificación Passivhaus. Os edificios  pasivos son edificios de consumo casi cero e contribúen á reducción da dependencia europea de combustibles fósiles, axudando a acadar os obxectivos de reducción de emisións CO2 e gases de efecto invernadoiro.

Actividades complementarias: no andar de abaixo ademais do espazo adicado aos almorzos habilitarase un espazo multiusos onde se expoñerán produtos de artesanía mariñeira.

Dimensión online: o novo establecemento acompañarase  dunha páxina web.

Localización: o hotel atópase ubicado na Rúa Real, ao pé do Camiño de Santiago.

Accesibilidade: o establecemento será practicable para persoas con mobilidade reducida e contará coas axudas técnicas necesarias para persoas con outras discapacidades.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 2: Diversificación Económica

Obxectivo específico da EDLP: 

2.4.1.1. Apoio á creación de nova infraestructura aloxativa

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)