Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora da elaboración, conserva e comercialización do produtos pesqueiros en fresco Azul de Portosín

O proxecto consiste na adquisición dun equipo de xeo en escamas que mellore o procesado e comercialización, e tamén incorporar un equipo informático e software para mellorar o sistema de xestión e trazabilidade.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Procesados Pesqueros Portosín , SLU
Datos de interese: 
www.proporto.es
Perfil empresarial: 
Persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/08/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
30/09/2018
Ámbito de aplicación: 

Concello de Porto dos Son

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
91.645,74 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
86.235,34 €
Total axuda pública aprobada (€): 
30.182,37 €
% Subvención: 
35,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
25.655,01 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
4.527,36 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0,5
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
6,5
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O presente proxecto de inversión promóvese co obxectivo xeral de realizar unha notable mellora da elaboración, conservación e comercialización dos peixes frescos que Procesados Pesqueros Portosín, SL desenvolve no seu centro de elaboración e comercialización situado no porto pesqueiro de Portosín.

A execución deste proxecto permitirá a esta empresa transformar e comercializar os produtos da pesca en fresco a través dunha xestión máis eficiente dos recursos e do incremento do valor engadido, contribuíndo ao crecemento económico da zona pesqueira do territorio co fomento da empragabilidade dentro do sector pesqueiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A entidade promotora poderá obter os seguintes resultados:

-Maior calidade e seguridade alimentaria do produto pesqueiro elaborado en fresco, coa dispoñibilidade nas súas instalacións do imprescindible xedo en escamas, que permitirá mellorar o control e a seguridade alimentaria durante a expedición e distribución do peixe azul, mellorando a conservacións das propiedades e a súa presentación. Dando un mellor trato ao produto e conservando  todas as súas propiedades organoléticas.

-Mellora da trazabilidade dos produtos da pesca, o que permitirá adaptarse a todos os requisitos impostos pola normativa vixente mellorando as condicións de traballo e seguridade e calidade alimentaria dos produtos elaborados no centro, que permitirá potenciar e diferenciar a identidade do produto local.

-Proceso produtivo máis eficiente e sostible, a optimización do suministro de xeo en escamas e a mellora da trazabilidade e xestión do proceso, permitirá un maior control e seguridade durante a elaboración, conservación e comercialización do peixe azul cun menor impacto mediomabiental, tanto polos novos equipos con innovacións tecnolóxicas e de  maior eficiencia enerxética, como por un menos consumo de recursos (carburante e suministro externo de xeo). Ademáis dun importante aforro económico, esta situación mellorará a operatividade, eficiencia e sostebilidade na cadea de frío da produción.

-Mellora da competitividade e economía desta industria transformadora dos produtos pesqueiros locais, contribuíndo á creación e mantemento do nivel de emprego actual, favorecendo a competitividade e viabilididade das profesións do mar dentro do sector da pesca costeira artesanal do territorio do GALP4

Principais actividades do proxecto: 

Co obxectivo de mellorar a seguridade e a trazabilidade dos produtos pesqueiros do territorio, preténdese optimizar o centro de transformación e comercialización implantando novos e mellores procesos produtivos:

-Adquisición dun equipo de xeo en escamas, de nova e avanzada tecnoloxía e eficiencia enerxética. Para un correcto e bo funcionamento, o centro de elaboración e comercialización de peixe, precisa de xeo en escamas, para protexer e manter o peixe elaboradao para que chegue en óptimas condicións de frescura aos distintos mercados. Este equipo xerador de xeo permitirá un autosuministro de xeo para a conservación do peixe, que á vez aporta unha mellora na eficiencia enerxética con menor impacto medioambiental do proceso produtivo  e un importante aforro económico ao elimintar a contratación do transporte externo.

-Un novo e mellor sistema de xestión e de trazabilidade da actividade que nos permitirá ofrecer aos mercados un produto con maior control e seguridade alimentaria, permitindo un mellorado control do proceso produtivo, tanto a nivel de seguridade alimentaria como de organización interna, a efectos de garantizar un óptimo rexistro do proceso e unha mellorada identificación do mesmo. Isto redundará unha mellor trazabilidade do peixe capturado polos buques pesqueiros da localidade "Azul de Portosín", o que incrementará o valor engadido do peixe azul.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.12. Apoio ás iniciativas de procesado e transformación de produtos pesqueiros, preferentemente dos da pesca costeira artesanal

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)