Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

OBRADOIRO DE CINEMA NA RÍA DE MUROS-NOIA

Obradoiro de cinema na Ría de Muros-Noia.

Inicio: 22 de outubro.

Este taller de cinema está dirixido principalmente a mozas e mozos a partires dos 14 anos, pero no que tamén poden participar as persoas do concello de Outes e do territorio da Ría de Muros-Noia.

Os obxectivos do obradoiro son:

Adquirir habilidades e coñecementos audivisuais e cinematográficas usando como ferramentas os seus propios dispositivos móbiles.

A sensibilización sobre a sostibilidade e coidado do medio mariño.

A produción dunha obra sobre o marisqueo na Ría Muros-Noia.

Esta actividade educativa rematará coa proxección da obra realizada durante o obradoiro e coa entrega de diplomas aos participantes, na xornada de Clausura da IV edición da Mostra MDFDM2021.

Dirixe o taller o director e produtor Domingo D. Docampo.

Actividada financiada polo Galp Costa Sostible Seo de Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible

INSCRIPCIONS: https://costasostible.com/costa-sostible-actividades/

MAIS INFORMACION: https://maresdafindomundo.gal/obradoiro-de-cinema-na-ria-de-muros-e-noia