Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Polbo de Lonxa II

Esta iniciativa trata de consolidadr  a divulgación e posta en valor do polbo baixo o distintivo "Polbo de Lonxa"

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Lira / Confraría de Pescadores de Muros
Datos de interese: 
cofradialira@yahoo.es
Perfil empresarial: 
persoa xurídica
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se es establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
10/04/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Territorio do Galp Costa Sostible

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
65.240,20 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
60.950,20 €
Total axuda pública aprobada (€): 
50.588,66 €
% Subvención: 
83
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
43.000,36
FEMP (%): 
85
CA (€): 
7.588,30
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

-Incrementar a competitividade no mercado do polbo procedente da pesca artesanal.

-Consolidadar as iniciativas levadas a cabo dende o ano 2014 para a valorización do "Polbo de Lonxa" de pesca artesanal.

-Incrementar o coñecemento do polbo procedente da pesca artesanal en toda a cade de valo.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Desde o ano 2014 as confarías implicadas neste proxecto están a traballar para dar a coñecer o seu polbo, procedente da pesca artesanal. Nestes anos xurdiron novas necesidades, froito da experiencia adquirida e das  novas oportunidades en materia de valor engadido para o produto, esperando conseguir os seguintes resultados:

-Consolidación do proceso de valor engadido dato pola confraría de Lira nas súas instalacións, ao polbo baixo o distintivo "Polbo de Lonxa". Realizarase a adquisición dunha serie de medios materiais para poder consolidar o proceso de valor engadido que a confraría de Lira da  nas súas instalacións ao polbo.

-Mellora do proceso de valor engadido coa creación dun novo servizo na primeira venda: polbo ao baleiro.

-Incremento das accións divulgativas dirixidas ao consumidos final do poblo baixo o distintivo "Polbo de Lonxa": Realizaranse unha serie de actuacións (redes sociais, páxina web, participación en feiras, etc...) para poder incrementar o coñecemento do produto pro parte da sociedade en xeral.

-Incremento do coñecemento e divulgación do polbo baixo o distintivo "Polbo de Lonxa" na cadea de valor comercial: Realizaranse unha serie de actuacións (participacións en feiras, redes sociais, páxina web, etc...) para mellorar o coñecemento do produto na cadea de valor.

Principais actividades do proxecto: 

Para poder manter e consolidar a iniciativa preténdese acometer as seguintes accións:

1. Adquisición de material operativo:

Adquirirase unha serie de material e maquinaria para poder mellorar o proceso de valor engadido que se realiza dende a primeira venda: colectores de plastico de uso alimentario, palets de plastico, báscula par pesar palets,  carro de aceiro inox, pechadora de bolsas, envasadoira ao baleiro, transpaleta de aceiro inox, impresora industrial de etiquetaxe.

2. Publicidade offline:

Levarase a cabdo un plan de comunicación ou publicidade offline para reforzar o coñecemento da marca "Polbo de Lonxa" en eventos, feiras, etc:

-Deseño e adquisicións de 5 Roll-ups

-Deseño e adqusición de 4000 cartóns.

-Deseño e produción de 2000 dípticos orientados á entrega na canle HORECA.

-Deseño e produción de 2000 dípticos orientadnos á entrega na canle de distribución para dar a coñecer os valores da marca.

-Deseño e produción de dúas lonas para ser colgadas nas instalacións das dúas confrarías.

-Adquisión de 500 pratos de madeira serigrafiados coa marca par aa súa utilización en eventos gastronómicos.

-Deseño  e producion de dous cadros de poliestireno co distintivo da marca para o seu uso nos eventos de difusión.

-Rotularanse tres furgonetas  cos distintivos da marca.

-Deseño e rotulación dunha carpa para a celebracións de eventos gastronómicos.

-Emisión de cuñas de radio.

3.- Mercadotenia dixital (Plan Comunicación online):

Con este plan preténdese chegar a público e profesionais que na actualidade interaccionan usando os medios dixitais, realizaranse da seguinte maeneira:

-Creación de contidos na web "Polbo de Lonxa" para atender as necesidades de posicionamento da mesma, e de actualización necesarias para poder estar nas primeiras posicións nos buscadores de internet.

-Labores de community manager durante a duración do proxecto. Xestión de espazos corporativos do distintivo "Polbo de Lonxa" en diferentes redes sociais.

4.- Participación en fieras alimentarias nacionais:

As feiras son puntos de encontro para o público en xeral, pero especialmente para o sector profesional. Preténdese participar en Feiras Alimentarias Nacionais, nas que dar a coñecer de primeira man a actividade pesqueira artesanal das confrarias implicadas no proxecto, así como o distintivo "Polbo de Lonxa" creado para diferenciar o polbo da pesca artesanal da zona.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 1: Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.2.4 Desenvolvemento de marcas de produto e apooio á existentes no territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)