Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comunicado oficial do GALP Golfo Ártabro Sur

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur queremos aclarar o acontecido en relación a un post compartido na noite do venres en Instagram.

Primeiramente, manifestar que o GALP Golfo Ártabro Sur é unha entidade sen ningún tipo de cor política, cuxo obxectivo e impulsar o sector do mar nos sete concellos que o conforman, así como difundir a cultura mariñeira e formar e capacitar nas tarefas do mar para garantir o progreso neste ámbito.

Queremos aclarar que o post compartido o venres noite tratouse dun erro técnico por parte da asistencia técnica contratada mediante: “As bases de contratación dunha asistencia técnica de comunicación interna e externa do GALP en internet, redes sociais, prensa, radio e newsletters”, que o contido foi difundido sen autorización nin coñecemento por parte do GALP (como deben de ter todas as publicacións que se realizan nas nosas redes sociais e blog), e polo tanto, dita asistencia técnica asume todas as responsabilidades que de dito post se deriven.

Lamentamos as molestias que isto puidera ocasionar.