Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Golfo Ártabro Sur asina o Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar

A sinatura do Convenio abarca os seguintes catro anos, nos que dende o GALP Golfo Ártabro Sur se traballará para incrementar o desenvolvemento do territorio.

O GALP Golfo Ártabro Sur foi reelexido un programa máis como o coordinador dos Fondos de Cohesión Europeos vencellados ao mar, FEMPA, no territorio que abranguen os concellos costeiros entre Bergondo e Arteixo.

Gracias a isto, a Consellería do Mar e o GALP asinaron un Convenio de Colaboración para a xestión do programa FEMPA (2021-2027) ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do grupo que foi aprobada a mediados do mes de decembro.

A sinatura deste convenio permite ao grupo poder xestionar os fondos que lle foron concedidos neste programa para as axudas a proxectos, cuxa cuantía ascende a 4.327.873,47 €; o que supón un incremento no crédito respeto ao programa anterior de máis dun 44%.

Baixo a EDLP do grupo, subvencionaranse proxectos nos seguintes ámbitos: incremento da cadea de valor do sector pesqueiro, diversificacion, medioambiente, patrimonio cultural, gobernanza e cooperación. Isto axudará ao desenvolvemento das zonas costeiras creando unha rede que permita vincular aos actores do territorio e así poder impulsar e proporcionar novas oportunidades.