Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Persoal

Páxinas

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO RÍA DE PONTEVEDRA

CORRECIÓN DE ERROS.

Publicada no día 7 de setembro a acta da proba escrita, e tras a advertencia dunha persoa candidata, comprobouse de maneira fehaciente a existencia dun erro na plantilla de resultados, que afecta á puntuación das persoas aspirantes que participaron en dita proba. Ver documento Corrección de erros

De acordo co establecido nas bases do proceso no apartado 8.2.1, o pasado mércores día 6 de setembro realizouse a proba escrita no Edificio de Operacións Portuarias do Porto de Marín.

Trala realización da proba escrita pasan a seguinte fase do proceso as 5 persoas candidatas que acadaron a maior puntuación.

A Comisión acorda a publicación da plantilla de corrección, puntuación das persoas participantes e convocatoria das entrevistas na data de 13 de setembro que pódese consultar na seguinte ligazón:

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica no punto 7 das bases reguladoras, e pechado o prazo para a presentación de reclamacións despois da publicación das listas provisionais o día 24 de agosto de 2017, procédese a:

  1. Publicación da lista de persoas admitidas, que pasarán á seguinte fase do proceso, a proba escrita.
  2. Publicación da data e lugar onde se realizará o exame.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, tal como se indica no punto 7 das bases reguladoras, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas para concorrer a este proceso. A lista provisional de persoas admitidas conterá a relación de persoas que poden optar ás diferentes probas e tamén a relación de persoas excluídas, coa indicación dos motivos que orixinaron a súa exclusión.

Páxinas