Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proxecto de mellora das portas de acceso á Lonxa da Coruña

O proxecto baséase na colocación de 20 portas de gran tamaño e con complementos de seguridade na lonxa da Coruña, que dan acceso ás diferentes salas existentes ao longo de todas as instalacións.
Estas portas cunhas medidas amplas e adaptadas ás necesidades da lonxa, inclúen todos os elementos tecnolóxicos e de innovación que permiten mellorar a climatización necesaria para garantir a conservación do peixe e marisco que se comercializa.
Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Lonja de La Coruña SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Lonxa da Coruña SA é un proxecto empresarial especialmente particular e representativo do sector pesqueiro na área do GALP Golfo Ártabro Sur e en Galicia en xeral. No seu accionariado están presentes, a partes iguais, as principais entidades asociativas e representativas do sector pesqueiro: o sector extractivo e o sector comercializador. Ademais, hai outros axentes, empresas e traballadores que desenvolven as súas actividades dentro do sector da pesca na Coruña e nas súas poboacións limítrofes.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados para os grupoas de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
20/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2020
Data fin de execución: 
31/12/2020
Ámbito de aplicación: 

Concello da Coruña, pero pola importancia da lonxa, o impacto do proxecto é moito maior, pois abarca todo a área de influencia do porto da Coruña.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
97.919,25
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
76.575,00
Total axuda pública aprobada (€): 
38.287,50
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
32.544,375
FEMP (%): 
85
CA (€): 
5.743,125
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
17
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
O obxecto principal do proxecto é mellorar a eficiencia enerxética da lonxa da Coruña a través da modernización das instalacións e tratando de contribuír á redución das marcas do carbono, a mellora da concienciación do sector e a redución de custos da empresa, o que axudaría a unha mellor competitividade no mercado e a posibilidade de manter así os postos de traballo. 
Tamén se teñen como obxectivo, mellorar as condicións de traballo do persoal da lonxa grazas á mellora na climatización, que afecta tanto os produtos como ás persoas.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
As melloras que se esperan con este proxecto son as seguintes: 
- Mellora de eficiencia enerxética nas instalacións da lonxa
- Mellora na climatización de toda a lonxa 
- Mellora na conservación e por tanto na calidade de peixes e mariscos que pasen pola lonxa. 
- Redución da marca do carbono, ao diminuír o consumo enerxético.
Redución dos custos da empresa facéndoa máis competitiva e axudando así a consolidar os postos de traballo.
Principais actividades do proxecto: 
O proxecto consiste na instalación de 20 portas  correderas de gran tamaño e con elementos de seguridade que dan acceso ás diferentes salas existentes ao longo de todas as instalacións da lonxa da Coruña. 
As portas, cunhas medidas amplas e adaptadas ás necesidades da lonxa, inclúen todos os elementos tecnolóxicos e de innovación que permiten mellorar a climatización para garantir a conservación do peixe e marisco que se comercializa a diario na lonxa da Coruña. O primeiro tratamento do peixe unha vez chegado a terra é moi importante pois influirá despois na calidade que alcance o produto ao longo de toda a cadea de comercialización a nivel mundial.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo estratéxico 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo específico da EDLP: 
Obxectivo específico 3.2: Contribuír á redución da marca do carbono.
Liña de actuación 3.2.2.: Favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible. 
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)