Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ActivamAres

Promocionar o deporte e turismo mariñeiro compartindo recursos e recoñecementos, para o que o Concello de Ares, a Asociación Scuba de Ares e o Club Marítimo de Redes, desenvolveran un proxecto conxunto para dotar ao Concello de Ares dunha amplia oferta de turismo no mar: 

1. Rutas turísticas pola ría nunha embarcación propiedade do Concello de Ares para todo tipo de públicos:

- Paseos pola ría dando a coñecer os lugares máis emblemáticos, dando a coñecer a ría de Ares a todas as persoas interesadas neste tipo de actividade.

- Rutas para coñecer a flora e fauna subacuática, a historia (barcos fundidos, restos romanos...) Bautismos de buceo e práctica deste deporte ao longo da ría. Esta actividade contará coa participación da Asociación Scuba de Ares.

- Rutas con escolares, que contaran con profesores de apoio en materias de cienciais naturais para ilustrar ao alumnado con todo o relacionado ca flora, fauna, historia....

2. Charlas impartidas pola Asociación Scuba de Ares nos centros escolares do Concello de Ares en materias medioambientais, tendo como temáticas o ecosistema, a biodiversidade e os riscos ambientais.

3. A Asociación Scuba de Ares tamén impartira unha actividade novidosa en Ares, o snorkel e o buceo autónomo.

4. A través do Club Marítimo de Redes ofertarase na Ría de Ares o PaddelSurf por un lado e o fomento da cultura do kaiak, a aprendizaxe da man de expertos kaiakisas e profundos coñecedores destas augas e costas, dunha forma divertida compartindo e aprendendo, por outra.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ares; Asociación Cultural e Deportiva Scuba de Ares; Club Marítimo de Redes
Datos de interese: 
http://www.concellodeares.com/ https://vidabuceo.com/centros-buceo/asociacion-scuba-ares/ http://caamouco.net/
Perfil empresarial: 
Administración Local Entidades deportivas de actividades naúticas sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
06/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2018-2019
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Concello de Ares

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
69.699,84€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
64.877,10€
Total axuda pública aprobada (€): 
43.133,37€
% Subvención: 
53,2
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
36.663,36
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
6.470,01
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
18
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Promocionar o deporte e o turismo mariñeiro compartindo recursos e coñecementos. Se ofertan rutas turísticas, rutas con escolares, cursos e xornadas de buceo, cursos de kaiak e paddle surf entre outros.

Ofertar un novo servizo dirixido a todos os públicos, tendo por obxectivo principal, coñecer a cultura mariñeira e/ou practicar deportes relacionados co mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mellorar a oferta de actividades no mar no Concello de Ares, contribuíndo a facer deste Concello un referente nas actividades deportivas naúticas no seu ámbito territorial. Impulso do turismo mariñeiro coa práctica dos deportes naúticos.

Achegamento á cultura do mar e da pesca.

Coñecer a costa deste territorio dende o mar.

A maior afluencia de visitantes repercutirá no sector servizos en xeral e na hostalería en particular, favorecendo o crecemento económico e en consecuencia a creación de emprego nos pobos costeiros.

Contribuir á desestacionalización do turismo.

Principais actividades do proxecto: 

Proxecto conxunto de ocio no mar:

- Rutas turísticas pola ría para todo tipo de públicos, rutas pola ría para escolares e rutas para aficionados/as ao submarinismo, que se realizaran dende a embarcación que dispón o Concello de Ares. Para estas actividades contratarase exclusivamente tripulación.

- Práctica de paddelsurf, kaiak, snorkel, buceo autónomo (prácticas de buceo, bautismos no mar...), para o que será necesario material, tales como traxes de buceo, sinalización, paddel xigante, kaiak, tablas de windsurf...

- Saídas guíadas pola ría, onde se visitaran pecios (barcos fundidos), bateas, plantacións de algas...

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificaciónda economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)