Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

En marcha o plan de participación para a avaliación intermedia da Estratexia do FEMP do Golfo Ártabro Norte

 

Despois de xestionar varias convocatorias do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) é o momento de facer a avaliación intermedia do traballo desenvolto no Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

Este proceso pretende reunir unha ampla participación de axentes e entidades do territorio, para o cal se van a realizar diferentes eventos coa finalidade recoller as achegas e opinións destes e mellorar a execución do programa de axudas na zona costeira.

O plan de participación contempla a realización de reunións con persoas beneficiarias do programa, reunións das Mesas Sectoriais e un Foro final de presentación de resultados, previsto para o mes de novembro. Tamén se contempla unha consulta institucional dirixida ao conxunto dos dez concellos que conforman o Golfo Ártabro Norte.

•Reunión con  beneficiarias
•Martes 15 de outubro
 
•Reunión das mesas sectoriais 
•Martes 22 de outubro
•Foro
          •Mes de Novembro

Preténdese que este proceso sirva para mellorar a efectividade destes fondos no desenvolvemento social e económico da zona costeira, contribuíndo de maneira importante ao fomento do emprego e ao reforzo do sector pesqueiro é a preservación dos recursos pesqueiros. Analizarase a execución e a animación do programa, para valorar a súa relevancia nesta zona e poder establecer propostas e mellora.

Xestión do programa de axudas do FEMP 2014-2020.

Dende o inicio do programa de axudas no ano 2016, recibíronse no GALP 109 solicitudes de axuda de proxectos. Á espera das resolucións de setembro de 2019, por parte da Consellería do Mar, o GALP leva concedida financiación a proxectos por un importe superior aos 2,3 millóns de euros. Desta axuda, o 65% do importe destinouse ao financiamento de investimentos de carácter produtivo, apoiando a empresas do territorio. A diversificación da economía local e o apoio ao sector pesqueiro son as principais liñas de apoio para a xeración de maior dinamismo social e económico na zona costeira. Cómpre destacar que en 2019 se recibiron un total de 44 solicitudes de axuda, das cales 36 foron para investimentos produtivos xeradores de emprego.

Para máis información contactar con:

GALP Golfo Ártabro Norte.  Toni Fernández (xerente) 636736788 981784417