Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Estudo de sustentabilidade para espazo de incubación emprendedora

Estudo de viabilidade técnica e económica para a posta en valor dun edificio municipal sito na parroquia de Souto, concello de Paderne, como espazo de incubación para emprender e o fomento da actividade empresarial vinculada ao sector do mar, realizando o correspondente análises técnico e económico que permita analizar e valorar as distintas alternativas de uso e de explotación do local e posterior redacción do proxecto técnico.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Paderne
Datos de interese: 
http://concellodepaderne.com/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das EDLP, aprobadas aos GALP para o desenvolvelmento sostible das zonas de pesca no marco do FEMP 2014-2020.
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
31/10/2016
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2016-2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Concello de Paderne

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
51.425,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.250,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
41.250,00 €
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
35.062,50 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
6.187,50 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Valoración inicial de dúas ou tres alternativas de distribución espacial dos contidos fundamentais e de uso que resulten de maior interese para o concello, segundo a propia configuración do edificio.
  • Abrir un proceso de opinión e participación entre a cidadanía e os axentes interesados (principalmente o GALP e as súas entidades integrantes, así como a Universidade e Centros de Formación Profesional do Territorio), para valorar as posibilidades, iniciativas de emprendemento e apoiar ás opcións de maior interese.
  • Definir a distribución espacial e de servizos da alternativa elixida como óptima.
  • Estudiar a viabilidade de execución técnica e económica do edificio cunha nova actividade finalmente elixida (cunha proxección mínimo de 5 a 10 anos), suficiente para poder avaliar convenientemente a súa estabilidade como oportunidade de actividade sostible no tempo e atender os requisitos normativos de obrigado cumprimento polo concello.
  • Avaliar e apoiar a definición da proposta de forma xurídica de explotación e xestión máis idónea para os intereses manifestados polo concello.Elaborar proxecto técnico de “Incubación Emprendedora”. 
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Estudio de sostenibilidade para implantación en Paderne dun Espazo de Incubación Emprendedora para iniciativas para emprender vinculadas co sector do mar.
  • Proxecto técnico de execución para Incubadora de Empresas en Paderne.
Principais actividades do proxecto: 
  • Estudio de sostenibilidade do edificio como centro de referencia en materia de emprendimento.
  • Elaboración proxecto de execución.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

 
Obxectivo específico da EDLP: 
  • Mellora da competitividade do sector pesqueiro.
  • Aumento do valor engadido dos produtos e procesos da pesca.
  • Potenciar a identificación de proxectos emprendedores vinculados ao mundo do mar e facilitar o seu establecemento no territorio.
  • Implicación do ámbito educativo e académico superior co desenvolvemento sostible do sector do mar.
  • Mellora da competitividade no sector pesqueiro.
  • Aumento do valor engadido dos produtos e procesos da pesca.
  • Potenciar a identificación de proxectos emprendedores vinculados ao mundo do mar e facilitar o seu establecemento no territorio.
  • Implicación do ámbito educativo e académico superior co desenvolvemento sostible do sector do mar.
  • Potenciar a igualdade de oportunidades no acceso á actividade no mar.
  • Promover a toma de conciencia no sector en relación a igualdade de oportunidades.
  • Contribuír activamente á eliminación das barreiras de xénero.
  • Achegar as actividades mariñeiras ás persoas con discapacidade.
  • Fomentar as actividades asociadas ao crecemento azul co potencial desenvolvemento do territorio.
  • Promover estudios de viabilidade en relación á implantación, no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte doutras actividades englobadas dentro do concepto de crecemento azul e distintas da acuicultura e do turismo.
  • Facilitar a implantación de iniciativas emprendedoras no territorio.
  • Favorecer a creación de bolsas de proxectos emprendedores identificados como oportunidades de negocio, con potencial no contorno do GALP.
  • Promover xunto cos axentes do territorio a creación e/ou posta a disposición de espazos para o asentamento de novas empresas ás  persoas emprendedoras con proxectos viables.
 
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)