Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Festa do Polbo de Mugardos

A Festa do Polbo é unha festa de carácter gastronómico declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia, na que o polbo é o protagonista. Nela dáse a coñecer a todos os e as visitantes a famosa receita de "Polbo a Mugardesa", que supón un dos atractivos  turísticos de Mugardos, poñendo en relevo a calidade e excelencia do produto entre o público e potenciar así o valor do mesmo repercutindo no seu valor engadido e fomentando o crecemento económico do territorio, xa que non só inflúe na actividade pesqueira, senon tamén na hostalería e no turismo.

Se algo destaca na cociña mugardesa é a calidade, variedade e riqueza dos produtos do mar, cociñados de forma familiar, artesanal e pausada, que ten como resultado pratos deliciosos. De feito, a gastronomía é un dos principais encantos para as/os turistas que aquí se achegan.

A frota pesqueira da zona, adicada desde tempo inmemorial á pesca da sardiña para salazón e á captura do polbo, entre outros, mantén esta tradición e segue proporcionando gran variedade de peixes, crustáceos e moluscos que constitúe o polo de atracción de xentes de dentro e fóra da comarca durante todo o ano.

Pero se hai un protagonista absoluto na gastronomía de Mugardos, este é o polbo, ocupación tradicional dos mugardeses

Nesta XXV edición os organizadores decidiron introducir cambios fundamentais na difusión e desenvolvemento do evento para acadar maior afluencia de visitantes e poder ofrecer unha maior calidade  e servizo aos mesmos e aproveitar as sinerxías existentes co sector turístico para contribuír á promoción do Concello de Mugardos e da ría de Ferrol:

Obradoiros para escolares:

Realizaronse cos escolares dous obradoiros coa temática do polbo e o mar, co obxecto de que as novas xeracións coñezan a cultura e tradición mariñeira do territorio:

- Obradoiro "O polbiño cociñeiro": Os nenos e nenas coñeceron o produto fresco e aprenderon a preparar pratos sinxelos con polbo sen esquencer as formas tradicionais de cociñalo. Participaron alumn@s de 4º, 5º e 6º de primaria dos Colexios Unión Mugardesa, Santiago Apóstol e Loyola, participando un total de 120 rapaces, repartidos en 6 talleres.

- Obradoiro "PInta o teu mar": Realizose coa Escola de pintura municipal e consistiu en realizar un mural coa temática do mar. Contouse coa colaboración de pescadores que lles ensinaron aos rapaces os diversos aparellos de pesca que se utilizan principalmente na pesca do polbo.

Obradoiro de cociña para profesionais da hostalería:

Foi realizado por un afamado cociñeiro do Grupo NOVE. Dirixido para profesionais do sector da restauración, e en particular, a cociñeiros e propietarios, establecementos que teñan o reto de profundar en propostas e conceptos gastronómicos que cualifque a oferta de Mugardos. Mellora na capacitación dos distintos profesionais e amosar novas formas de preparar os produtos locais do mar, como é o caso do polbo, coa cociña tradicional e as técnicas de vangarda.

Como novidade este ano, tamén se habilitaron medidas de transporte alternativo, que non só beneficiaron ao benestar dos e das visitantes e ao medio ambiente, senon que indirectamente tamén foron beneficiadas as empresas de transporte de viaxeiros marítimo da comarca, xa que o Concello de Mugardos contratou unha liña de transporte marítimo entre Mugardos e Ferrol.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Mugardos
Datos de interese: 
http://www.concellodemugardos.gal/
Perfil empresarial: 
Entidade local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos ao amparo de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobados aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
27/09/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
10/07/2017
Ámbito de aplicación: 

Concello de Mugardos

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
83.500€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
20.500€
Total axuda pública aprobada (€): 
18.450€
% Subvención: 
90
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
15.682,50
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
2.767,50€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Mellora da competitividade do sector pesqueiro

- Atracción do relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira e o mantemento da cultura e tradicións mariñeiras.

- Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun motor económico de primeira magnitude no territorio.

- Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración da oferta para mellorar a súa competitividade

- Coidado do medio natural e mariño

- Recompilación da memoria mariñeira

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Promocionar Mugardos como destino turístico gastronómico, principalmente de cociña mariñeira, e incrementar así o número de visitantes, principalmente á Festa do Polbo de Mugardos, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e que se celebra todos os anos a segunda semana de xullo.

Fomentar a economía de Mugardos e da comarca, tanto polo incremento de visitas que activarán os sectores da hostalería e do pequeno comercio, como pola contratación e provedores locais.

Dar a coñecer ás novas xeracións a cultura e tradición mariñeira do territorio a través de obradoiros dirixidos a escolares.

Fomentar o turismo e suscitar interese pola tradición e cultura mariñeira a través da realización dun evento turístico-gastronómico.

Concienciar á cidadanía da importancia do patrimonio cultural, gastronómico, etnográfico e mariñeiro existente na comarca.

Dotar de elementos de calidade ao evento gastronómico, repercutindo así de forma positiva na imaxe do produto e do territorio.

Dinamizar a economía local ademais do sector pesqueiro.

Poñer en valor os produtos do mar tanto a nivel gastronómico como cultural.

Principais actividades do proxecto: 

A actividade principal do proxecto é a realización da Festa do Polbo, pero desenvolvense tamén outras actividades complementarias que favorecerán a difusión e promoción do evento principal.

1. Obradoiro para escolares: Temática "O polbo e o mar".

1.1. Obradoiro "O Polbiño cociñeiro". O polbo é o ingrediente principal, difundindo a gastronomia mariñeira entre os nenos e nenas de Mugardos.

1.2. Obradoiro "Pinta o teu mar". Realizouse un mural co temática do mar e contouse coa colaboración de pescadores do territorio que explicaron aos nenos e nenas os diversos aparellos de pesca que se utilizan principalmente na pesca do polbo.

2. Obradoiro de cociña para profesionais do hostalería de Mugardos. Impartido por un integrante do Grupo NOVE,  dirixido para profesionais do sector da restauración de Mugardos, explicando novas formas de preparar os produtos locais do mar coa cociña tradicional e técnicas de vangarda.

3. O Concello de Mugardos puxo a disposición dos visitantes transporte alternativo para os visitantes, neste caso transporte marítimo de Ferrol a Mugardos e viceversa, e habilitouse un aparcadoiro nas aforas do núcleo urbano alugando un microbús para desprazamentos dos visitantes, evitando o tráfico masivo na porto pesqueiro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación do emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiro; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro.

2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar pra convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio.

2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración de oferta para mellorar a súa competitividade.

3.2. Mantemento e mellora do medio natural e mariño

4.2. Recompilación da memoria mariñeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)