Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

NOVA Proposta de resolución Definitiva PRODUTIVOS E DESESTIMADOS Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte

  1. En aplicación ao estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”, a Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte elevou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a proposta de resolución definitiva de concesión de axudas para PROXECTOS PRODUTIVOS na primeira fase de adxudicación de axudas da convocatoria 2020 o día 26 de xuño.
  1. O día 16 de xullo de 2020, o Servizo de desenvolvemento das zonas de pesca (Consellería do Mar) procedeu á devolución da proposta de resolución de Xunta Directiva, tendo en conta o artigo 25.3 da Orde de Axudas, motivado en non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva en oito dos proxectos propostos (seis proxectos produtivos e dous non produtivos). A Xunta Directiva en reunión mantida o 23/07/2020 acordou modificar os expedientes GALP2-142 e GALP2-143, quedando os restantes igual que na proposta emitida por esta Xunta Directiva o día 25/06/2020. Nesta mesma reunión quedou acreditada a titularidade do expediente non produtivo GALP2-123 cumprindo co artigo 20 apartado b) da Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018, polo que acordouse manter a proposta de concesión de axuda nos termos establecidos na reunión de Xunta Directiva do 25 de xuño de 2020.
  1. O Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro, o día 31 de xullo de 2020 procedeu á segunda devolución da proposta de resolución de concesión de axudas da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte, por non estar conformes coa mesma, solicitando que se revisara a proposta do dia 23 de xullo e que se adecuara á elixibilidade dos gastos propostos de acordo co tratado na reunión presencial mantida o día 29 de xullo na Consellería do Mar.
  1. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva elevou a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2020, tendo en conta as correccións realizadas nos expedientes GALP2-127; GALP2-141; GALP2-142 e GALP2-143 , e que foi trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva.
  1. O día 24 de setembro de 2020 tense recibido unha notificación electrónica, asinada pola Xefa do Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca (Consellería do Mar), coa terceira devolución da proposta definitiva de concesión de axudas da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte, por non estar conformes coas propostas acordadas desta directiva nalgúns dos proxectos propostos na segunda proposta definitiva do 3 de agosto de 2020.
  1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte, entidade colaboradora da Consellería do Mar, atendendo ás consideracións do Servizo de Desenvolvemento de Zonas de Pesca, acorda unicamente admitir os vehículos isotermos ou con caixón isotermo, que teñan como obxecto trasladar o produto dende as súas embarcacións de pesca costeira artesanal ou dende as súas zonas de traballo ata as distintas lonxas/confrarías do territorio galego, principalmente deste ámbito territorial para garantir as condicións hixiénico sanitarias, así como cumprir coa normativa ATP para transportar os alimentos perecedoiros.
  1. Realizadas as correccións oportunas, a Xunta Directiva eleva a público unha nova proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2020, tendo en conta os proxectos que foron desestimados segundo este criterio, e que son os expedientes que se indican a continuacion: GALP2-112; GALP2-127; GALP2-135 E GALP2-141. A Xunta Directiva eleva a público tamén, unha nova proposta de resolución definitiva de desestimación de axudas actualizada. Esta proposta será a trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva.  
  1. Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte, que será o día 29 de setembro de 2020, para exclusivamente aqueles proxectos que sufriron modificacións: GALP2-127; GALP2-141; GALP2-112 E GALP2-135 
  2. Rematado o prazo de alegacións o día 8 de outubro de 2020, no foi recibida ningunha ao respecto, na sede do GALP Golfo Ártabro Norte.
  3. Os membros da Xunta Directiva acordan que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o Artigo 24 da Orde de 21 de decembro de 2018- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, sen necesidade de levar a cabo unha nova reunión de Xunta Directiva presencial, ao non existir alegacións nin modificacións de ningún aspecto nos acordos tomados nos diferentes proxectos nesta reunión, e que tiveran que ser novamente debatidos polos membros. 
  4. A Xunta Directiva eleva a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos da 1ª fase de adxudicación de axudas, Convocatoria 2020, tendo en conta todo o anterior, que será trasladada á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva. 

Informe acordos reunión X.D. 29/09/2020

Anexo I. Proposta MODIFICADA X.D. PRODUTIVOS 29/09/20

Anexo II. Proposta MODIFICADA X.D. DESESTIMADOS 29/09/20