martes, 15 de Decembro de 2020 - 03:12
Onte remataba o programa de sesións de educación ambiental coa Asociación Sociocultural ASCM de Ferrol e facíao falando de espazos naturais protexidos, impartido por Arenaria Coordinación, S.L. Coñecemos a flora e fauna dalgúns dos recunchos protexidos na nosa comunidade e tamén no noso territorio; aprendemos e por suposto pasámolo xenial! Unha tarde ben entretida!
Moitísimas gracias por ser como sodes, participativos, curiosos, atentos... así da gusto traballar!!! A Asociación ASCM de Ferrol iniciou a súa traxectoria en 1987 e ten como obxectivo prioritario a plena inclusión das persoas con discapacidade.