Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

A Comisión de Contratación acordou a data de celebración da proba escrita. Será o próximo 10 de outubro as 11:00 horas no Auditorio do Edificio de Operacións Portuarias. Porto de Marín 36900 Marín.

A Comisión de Contratación do GALP Ría de Pontevedra en referencia ao proceso de selección de persoal administrativo fai pública esta comunicación pola cal se pospone a fase de entrevistas.

Pódese consultar o documento en :

PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO RÍA DE PONTEVEDRA

CORRECIÓN DE ERROS.

Publicada no día 7 de setembro a acta da proba escrita, e tras a advertencia dunha persoa candidata, comprobouse de maneira fehaciente a existencia dun erro na plantilla de resultados, que afecta á puntuación das persoas aspirantes que participaron en dita proba. Ver documento Corrección de erros

De acordo co establecido nas bases do proceso no apartado 8.2.1, o pasado mércores día 6 de setembro realizouse a proba escrita no Edificio de Operacións Portuarias do Porto de Marín.

Trala realización da proba escrita pasan a seguinte fase do proceso as 5 persoas candidatas que acadaron a maior puntuación.

A Comisión acorda a publicación da plantilla de corrección, puntuación das persoas participantes e convocatoria das entrevistas na data de 13 de setembro que pódese consultar na seguinte ligazón:

Páxinas