Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Proceso Selección Administrativo GALP Golfo Ártabro Sur: Publicación da Lista e puntuación final provisional.

 
 
 
O proceso selección e contratación de persoal loboral na Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur" Programa FEMP 2014-2020

 

 


O proceso selección e contratación de persoal loboral na Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur" Programa FEMP 2014-2020


Seguindo o procedementos das Bases para este proceso selectivo, públicase a puntuación na proba escrita polas persoas presentadas, e ábrese o período de alegacións de dous días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación.

Proceso Selección Administrativo GALP Golfo Ártabro Sur: Lista e Convocatoria proba escrita

 

Proceso de Selección de persoal administrativo do GALP Golfo Ártabro Sur, públicase lista de admitidos e convocatoria á proba escrita.
Para ver o documento preme aquí

Páxinas