Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada da ameixa do Golfo Ártabro en Mugardos

AVISO IMPORTANTE:  

Debido ás inclemencias meteorolóxicas previstas para mañá venres pola tarde, a xornada da ameixa prevista na Confraría de Pescadores de Mugardos celebrarase no

Mercado Municipal de San Telmo de Mugardos.

 

UBICACIÓN: https://goo.gl/maps/gPePSxeHhnMFXxgGA

 

Desculpen as molestias ocasionadas e agardamos a súa asistencia neste novo emprazamento.

 

Este venres día 24 de setembro de 2021 ás 17.30 horas, terá lugar a terceira das xornadas de promoción das diferentes "ameixas" do Golfo Ártabro, que terá lugar en Mugardos, e que inclúe as seguintes actuacións: Xornadas técnicas das diferentes ameixas nas confrarías de pescadores, cunha degustación do produto. Presentación da Exposición itinerante e do catálogo online coas diferentes ameixas.

 

Esta actividade está incluída dentro das actividades de animación do GALP Golfo Ártabro Norte nesta anualidade 2021, e ten como un dos obxectivos dar maior visibilidade e recoñecemento ao traballo das seis confrarías de pescadores deste ámbito territorial (Miño; Pontedeume; Ares; Mugardos; Barallobre e Ferrol), así como o apoio e promoción do seu produto. Tamén, preténdese potenciar a implicación do tecido social, económico-empresarial, do sector do mar e da administración local no desenvolvemento da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa deste GALP.

Gustaríanos convidalo a participar nesta xornada en MUGARDOS, da que por motivos organizativos agradeceríamos nos confirmaran a súa asistencia aos teléfonos 981 784 417 e 636 736 788 ou ben a través deste mesmo correo electrónico gal.mar.golfoartabronorte@xunta.gal