Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornadas colaborativas de TURISMO MARIÑEIRO previstas para este mes de OUTUBRO no ámbito territorial GALP Golfo Ártabro Norte

Dende Galicia Norte. Mares de Experiencias levantamos áncora para darlle a benvida ao outono a través das actividades organizadas para este mes de outubro.

Galicia Norte, Mares de Experiencias é un proxecto de cooperación interterritorial promovido polo GALP A Mariña - Ortegal e o GALP Golfo Ártabro Norte que pretende potenciar o turismo mariñeiro na costa norte de Galicia. Para máis información preme aquí

Invitámosche a que participes dalgunha das Xornadas Colaborativas de Turismo Mariñeiro que se van celebrar en: Cedeira, Viveiro, Foz, Narón ou Miño.

Tamén che ofrecemos a oportunidade de descubrir,  de primeira man, Oficios do Mar vixentes aínda na actualidade: redeiras, actividade conserveira, carpintería de ribeira, artes de pesca ou marisqueo a pé distribuídos pola zona da Mariña, Ortegal ou do Golfo Ártabro Norte, a través de Visitas Demostrativas protagonizadas polos propios profesionais que manteñen viva a tradición.

Se estás interesad@, fainos chegar a túa elección reservando praza a través do seguinte formulario: https://goo.gl/a6hib2


Se o prefires, podes reservar a túa praza no correo electrónico maresdeexperiencias@gmail.com ou ben contactar a través do teléfono 673 472 735.

OLLO! Podes apuntarte a varias xornadas colaborativas e diferentes visitas demostrativas pero non esquezas reservar praza porque o aforo é limitado!